InicioSucesosCondenan a 13 anos de prisión ao 'violador do estilete' por agresión...

Condenan a 13 anos de prisión ao ‘violador do estilete’ por agresión sexual e roubo

O tribunal condena a un ano de prisión á tamén acusada María Angélica Pardo Fernández por roubar á vítima tras ameazala de morte.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección terceira da Audiencia Provincial de Asturias condenou ao lucense Félix Vidal Anido, coñecido como o ‘violador do estilete’, á pena de 13 anos de prisión por agresión sexual e roubo a unha muller con discapacidade. A sentenza pode ser recorrida en apelación ante a Sala Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Asturias.

O tribunal condena a un ano de prisión á tamén acusada María Angélica Pardo Fernández por roubar á vítima tras ameazala de morte.

O condenado ten a prohibición de aproximarse á vítima, ao seu domicilio ou a outros lugares frecuentados por ela nun radio de 300 metros e de comunicarse con ela por calquera medio durante catorce anos, e medida de seguridade de liberdade vixiada por tempo de sete anos que se executará despois do cumprimento da pena privativa de liberdade. En concepto de responsabilidade civil debe indemnizar á muller a cantidade de 3.000 euros por dano moral.

En decembro de 2017, os dous condenados convivían coa vítima nun piso situado en Oviedo, en réxime de aluguer de habitacións. Por esta circunstancia iniciaron unha relación de amizade con ela e eran coñecedores de que ten unha discapacidade psíquica do 65%.

A vítima, nacida en 1992, padece trastorno da afectividade por trastorno depresivo recorrente de etioloxía psicóxena, alteración da conduta por trastorno obsesivo compulsivo da personalidade de etioloxía idiopática e trastorno mental por trastorno somatoforme de etioloxía idiopática.

Pola relación establecida con ela, os procesados coñecían que o avó da moza vivía nunha residencia xeriátrica de Laviana e que ela tiña no seu poder a cartilla bancaria do ancián, que a súa firma estaba autorizada e podía dispor libremente do diñeiro da mesma.

Esta circunstancia foi aproveitada pola acusada para esixir á muller que sacase diñeiro da conta e, cando ela se negou, ameazouna de morte e tentouna agredir violentamente. Isto motivou que a vítima, por temor e acompañada da acusada, dirixísese á entidade bancaria, onde en cinco ocasiones sacou diñeiro da conta do seu avó por importe total de 1.700 euros.

Mentres, o ‘violador do estilete’, aproveitando a relación establecida coa muller, acompañouna nalgunha ocasión á consulta do psiquiatra. Tamén a acompañou a visitar ao seu avó á residencia xeriátrica e tamén ata o piso propiedade deste en Oviedo, que estaba deshabitado naqueles momentos e do que ela tiña as chaves.

Sobre as 12,30 horas do día 22 de decembro de 2017, cando a vítima se atopaba deitada durmindo na súa habitación do piso no que todos eles residían, o acusado entrou nela e comezou a tocarlle os peitos por baixo da camiseta do pixama, o que a espertou.

Ao ver que se espertou, o procesado, tras dicirlle “imos ter relacións sexuais, queiras ti ou non”, comezou a baixarlle os pantalóns do pixama e a roupa interior. A pesar de que ela lle dicía que non e que saíse da habitación, o procesado, tras suxeitala fortemente e dicirlle que se non estaba quieta íaa a matar, agrediuna sexualmente, tras o cal abandonou a habitación dicíndolle: “Se dis algo, mátote”.

A muller non denunciou naquel momento os feitos ante o temor de que o procesado executase as ameazas de morte que lle fixo. Esa mesma tarde, o acusado obrigouna, con ameazas, a que o acompañase ata a localidade de Moreda, onde lle dixo que ía residir acompañada dos dous procesados e outras persoas nun piso, domicilio no que lle asignaron unha habitación.

Sobre as 20,20 horas do día 23 de decembro de 2017, a condenada, xunto con outra persoa, entrou na habitación dela e, sen motivo, agredírona dándolle puñadas e dixéronlle que a ían a matar.

Nun determinado momento, a muller conseguiu zafarse deles, abandonar o piso correndo e, desde un comercio próximo, avisar á Garda Civil, que a trasladou ao Hospital Álvarez Buylla de Mieres. Foron estes feitos os que levaron á prexudicada a revelar toda a situación de abuso e intimidación en que se atopaba e denunciala ante a Policía.

Mentres, o ‘violador do estilete’ aproveitou a ausencia e do caixón da mesilla de noite da habitación que lle asignou á vítima no piso de Moreda, colleulle o DNI, a cartilla bancaria do seu avó, o cartón sanitario, o teléfono móbil e as chaves da casa do seu avó e, utilizando as mesmas, entrou no piso, onde se apropiou de dous reloxos e diversas xoias. A continuación desprazouse ata o hospital para devolverlle as chaves da vivenda, quedándose co resto dos efectos.

Ao ser detidos os procesados, en poder da acusada recuperou o cartón bancario e o cartón sanitario. En poder do acusado, a Policía recuperou o teléfono móbil e todos os efectos que o acusado subtraera do piso do seu avó.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...