InicioSociedadeColectivos veciñais piden técnicas de robotización nas intervencións cirúrxicas no HULA

Colectivos veciñais piden técnicas de robotización nas intervencións cirúrxicas no HULA

Trátase da Técnica da Vinci, implantada noutros hospitais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma en Defensa da Sanidade e especialidades do HULA e a Federación de Asociacións de Veciños da Provincia de Lugo solicitaron á Consellería de Sanidade o estudo e implantación da técnica robotizada para intervencións cirúrxicas “Da Vinci” no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Segundo informaron estes colectivos, solicitaron a implantación desta técnica robotizada en dous correos electrónicos dirixidos ao gabinete de dirección da Consellería de Sanidade, o 22 de xuño e o 01 de novembro de 2017, así como mediante un escrito dirixido ao propio conselleiro, Jesús Vázquez Almuiña, durante unha das reunións mantidas con el, “sen que até a data houbese resposta algunha”.

“Por este motivo”, aclaran estes colectivos, “publicamente lle solicitan de novo ao conselleiro de Sanidade a implantación desta técnica para a realización de intervencións cirúrxicas no HULA. “Lugo ten dereito a dispor deste robot, actualmente da serie Xi, desenvolvido pola empresa Norte Americana Intuitive Surgical desde o ano 2000, cun custo aproximado de dous millóns de euros, que pode ser adquirido a través dun Sistema de Renting”, precisan.

O robot, que recibe o seu nome en homenaxe a Leonardo Da Vinci, “é operado polo médico cirurxián, que actúa sobre unha consola e, fóra do campo estéril, manexa un Endoscopio Tridimensional e o instrumental denominado Endo Wrist, cos ollos, as mans e os pés”.

Segundo estes colectivos, “o robot interpreta os movementos do cirurxián e tradúceos en movementos precisos dos instrumentos, superando así as limitacións actuais da cirurxía aberta, con beneficios para o paciente como menos dor e risco de infección, menos risco de complicacións na operación, menos perda de sangue, menores cicatrices, menos estancia hospitalaria, recuperación funcional do paciente”.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...