InicioCulturaFin de semana de moita música en Lugo: concertos de Zahara, Camela,...

Fin de semana de moita música en Lugo: concertos de Zahara, Camela, Morgan ou o Festival de Jazz

Artistas recoñecidos a nivel estatal e internacional danse cita este sábado e domingo en Lugo. As opcións son variadas e desvirtúan eses típicos comentarios que lamentaban que "en Lugo nunca hai nada que facer".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo réndese á música esta fin de semana do 9 e 10 de novembro. Amais de arrincar o agardado XXIX Festival de Jazz, a cidade da Muralla tamén acollerá concertos doutros estilos dispares: o indie pop de Zahara ou os ritmos pegadizos de Camela. Á súa vez, Vilalba desfrutará da actuación de Morgan, un grupo que está dando moito que falar a nivel estatal.

As primeiras notas soarán ás 20.30 horas deste sábado no Círculo das Artes (rúa Bispo Aguirre), no marco dun Festival de Jazz que se prolongará ata o vindeiro 16 de novembro. A cantante, trompetista e saxofonista Andrea Motis Quintet será a encargada de romper o xeo. Está considerada unha das artistas expoñentes do jazz catalán e un fenómeno a nivel mundial, pois actúa regularmente por Europa, Xapón ou América.

O Festival de Jazz tamén prevé un concerto dos vascos Dr. Maha’s Miracle Tonic. Será ás 23.30h no Club Clavicémbalo (rúa dos Paxariños), sala referente na programación musical lucense.

O domingo 10, a música continúa da man de Baldo Martínez e o seu Projecto Miño, que agora cumpre vinte anos. É un dos pratos fortes da edición deste ano: jazz inspirado en composicións tradicionais nacidas a ambas beiras do Miño. Ás 20.30 horas, no Círculo das Artes, un equipo de nove músicos tentarán emocionar os asistentes cun espectáculo “único e irrepetible”.

UNHA VIAXE AO ESPAZO CON ZAHARA

Case de forma paralela a ese primeiro concerto, a sala Tebras (praza de Viana do Castelo) planea unha viaxe ao espazo canda a artista Zahara. Ás 21.00 horas do sábado, a cantautora presentará o seu último disco, ‘Astronauta’, nunha das últimas citas desta segunda parte da xira. O cartel de ‘esgotado’ non é unha novidade para a artista, pero en Lugo aínda quedan entradas dispoñibles.

O indie pop de Zahara non está reñido con querer bailar a son dos éxitos de Camela. A partir das 00.00 HORAS, a Sala Sugar (rúa Ramón Ferreiro) encherase de público para rememorar cancións dos 25 anos de carreira deste mítico dúo. No concerto, que comezará a iso das 01.30h, seguramente non faltarán hits como ‘Cuando zarpa el amor’ ou ‘Sueño contigo’.

VILALBA NON SE QUEDA ATRÁS

Tampouco Vilalba quere escapar desta fin de semana musical. Neste caso, a cita será a cargo da banda madrileña Morganque tocarán a partir das 21.00h no Auditorio Municipal Carmen Estévez (rúa das Pedreiras). A particular voz de Carolina de Juan, ‘Nina’, inundará o espazo e dará conta do talento deste grupo, que cada vez é un reclamo maior en España. Proba diso é que o domingo 10 repetirán en Galicia: a sala Capitol, en Santiago, ofrece unha segunda oportunidade para desfrutar desta banda de indie rock.

En Lugo nunca hai nada que facer, laiaban algúns. Mentira! Esta segunda fin de semana de novembro, as opcións son múltiples e variadas dentro da axenda musical. Para desfrutar de sons exquisitos, para bailar nunha discoteca, para gozar de bandas en directo… Hai de todo e para todos os gustos!

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...