InicioMedioambiente e PatrimonioA Facultade de Veterinaria pon en marcha un programa formativo en experimentación...

A Facultade de Veterinaria pon en marcha un programa formativo en experimentación animal pioneiro en Galicia

Ten coma finalidade de garantir a protección e o benestar dos animais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Universidade de Santiago (USC) puxo en macha na Facultade de Veterinaria de Lugo un programa formativo en experimentación animal pioneiro en Galicia.

O obxectivo do curso é dar resposta as esixencias recollidas na Orde ECC/566/2015, que, coa finalidade de garantir a protección e o benestar dos animais, establece os requisitos de capacitación que debe cumprir o persoal que manexe animais con fins de experimentación e outros fins científicos, incluíndo a docencia,.

A oferta de formación para conseguir estas capacitacións é “moi escasa en Galicia”, indicou a USC, que destaca que gran parte da demanda atópase dentro da comunidade universitaria, aínda que tamén en hospitais, centros de investigación e centros de formación profesional.

A directora do Centro de Estudos Propios da USC, Ana Díaz, a xefa do departamento de Formación de Agacal, dependente da Consellería de Medio Rural, María Otero Reboiras, e a adxunta ao Vicerreitorado de Coordinación do Campus de Lugo para Investigación, Transferencia e Innovación, Elvira López Mosquera, participaron na sesión de apertura deste programa formativo, que está estruturado en varios cursos e que se reparte en máis dunha ducia de módulos. Nel, formalizaron a súa inscrición máis dun centenar de persoas.

14 CURSOS DE FORMACIÓN

O programa formativo está composto por 14 cursos de formación continua para conseguir as capacitacións en diversas funcións: A (coidado dos animais), B (eutanasia) e C (realización de procedementos), en todas especies animais recollidas na lexislación vixente.

A parte teórico-práctica estrutúrase en módulos para adquirir os coñecementos e destrezas necesarios para desempeñar de maneira autónoma as funcións descritas, cumprindo os requisitos que establece a orde ministerial citada e que permiten obter un diploma que garanta a superación dos cursos teórico-prácticos.

Unha vez acreditada a parte teórico-práctica dun curso, o alumno debe facer unha segunda fase que consiste na realización dun traballo baixo supervisión, desenvolvendo as funcións estudadas nunha contorna real de traballo baixo a seguimento dun profesional competente. Cando ambas as fases están superadas, a Xunta de Galicia expedirá un documento que certifica a capacitación correspondente.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...