InicioSucesosInvestigan dous casos de acoso a menores en Institutos de Lugo

Investigan dous casos de acoso a menores en Institutos de Lugo

As denuncias por parte das familias foron presentadas en outubro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes do Corpo Nacional de Policía (CNP) completaron as correspondentes investigacións e remitido os resultados das mesmas á Fiscalía de Menores de Lugo por dúas denuncias de acoso a adolescentes que cursan os seus estudos en institutos da capital lucense, formuladas polas súas respectivas familias o pasado mes de outubro.

Segundo confirmaron fontes policiais, unha das denuncias foi tramitada a principios de mes e a segunda foi presentada na Comisaría Provincial a mediados de outubro. En ambos os casos, os alumnos de secundaria supostamente acosados, son adolescentes de entre 15 e 16 anos de idade.

Nun dos casos denunciados, un alumno foi agredido por outro nun instituto da capital lucense e, posteriormente, ameazado e hostigado a través das redes sociais por outros adolescentes.

Noutro instituto de Lugo, unha adolescente foi supostamente acosada e ameazada por catro compañeiras, até o punto de que a alumna tivo que “encerrarse no baño” por “medo”. As supostas acosadoras mesmo chegaron a tirarlle un líquido quente por detrás cando a súa nai foi a recollela ao instituto.

En ambos os casos, segundo as mesmas fontes, os investigadores identificaron “plenamente” aos supostos acosadores e as dilixencias quedaron en man da Fiscalía de Menores para a adopción das correspondentes medidas legais. EFE.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...