InicioSociedadeRueda pide concreción de prazos e orzamentos para a chegada do AVE

Rueda pide concreción de prazos e orzamentos para a chegada do AVE

Todo o demais, di, son "declaracións de tranquilidade en campaña electoral".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda referiuse a os prazos da chegada do AVE a Galicia e a modernización da conexión ferroviaria con Lugo, despois de que o ministro en funcións de Fomento, José Luís Ábalos, trasladase nun mitin na capital da provincia que a conexión coa alta velocidade (en Ourense) chegaría a Lugo en 2021.

Rueda emprazou a que veñan a Galicia “os responsables do ministerio” e concretou que “o ministro sería o máis apropiado e tranquilizaría a todo o mundo dicindo cales son os prazos comprometidos desde hai tempo e cales son os que se van a cumprir”.

“Porque, se non, estar a dicir que esteamos tranquilos, que o AVE vai chegar e que non nos preocupemos, pero para estar tranquilos hai que falar de prazos, cronogramas, orzamentos e isto é o que estamos a pedir e é o que a xente está a esperar porque quere coñecer cando vai viaxar en AVE a Madrid ou cando os de Madrid poden vir aquí en AVE; todo o demais son promesas sen prazos e sen orzamentos, declaracións de tranquilidade en campaña electoral. Iso non tranquiliza, senón todo o contrario”, concluíu.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...