InicioLugo e contornaArrincan en Lugo as 'aulas Newton', centradas nas "matemáticas e na aeronáutica"

Arrincan en Lugo as ‘aulas Newton’, centradas nas “matemáticas e na aeronáutica”

Feijóo destaca que servirán para "a próxima xeración de pilotos e controladores aéreos" e a alcaldesa mostra a súa "satisfacción".

PUBLICADA O

- Advertisement -

As ‘aulas Newton’, que promove a multinacional americana Boeing, fomentarán un coñecemento científico-técnico que, segundo destaca a Xunta, servirá para formar aos futuros profesionais do I+D e da industria de Galicia.

Na praza Horta do Seminario arrincou este luns a presentación das aulas, que logo se estenderán a outras cidades europeas e que no caso de Lugo beneficiará a máis de 550 escolares.

Coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, directivos da multinacional americana, e da alcaldesa, Lara Méndez, transcorreu o pistoletazo de saída para estas aulas, que porán o acento sobre todo nas “matemáticas e na aeronáutica”.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, puxo en valor que estas aulas “servirán para formar os futuros profesionais” do sector aeronáutico e igualmente valerán para formar “á próxima xeración de pilotos, de controladores aéreos, de mecánicos ou deseñadores aeronáuticos”.

Pola súa banda, a alcaldesa, Lara Méndez, mostrou a “satisfacción” que supón que ditas aulas arrinquen na cidade de Lugo, e que logo se trasladen a outras cidades europeas.

ROZAS

Feijóo tamén destacou o investimento que realizou a Xunta no aeródromo de Rozas (Castro de Rei) nos últimos anos, cun investimento que cifrou en máis de 164 millóns de euros.

O presidente galego incidiu, respecto diso, en que os orzamentos de 2020 contemplan para o devandito polo unha partida superior aos 15 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...