InicioPolíticaO PP reta ao PSdeG a retirar o seu apoio a Lara...

O PP reta ao PSdeG a retirar o seu apoio a Lara Méndez porque tamén rexeitou integrarse en VioGen

Asegura que os socialistas critican a Jácome en Ourense pero fan a vista gorda en Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo municipal do Partido Popular acusou ao PSdeG de “falta de coherencia política” por “criticar e politizar” a situación do Concello de Ourense en relación con protocolo para protexer ás vítimas da violencia de xénero, cando en Lugo, municipio gobernado “pola socialista” Lara Méndez, a administración local tamén rexeitou adherirse a VioGen.

O viceportavoz do grupo popular, Antonio Ameijide, lembrou que a integración do Concello de Lugo en Viogén foi abordada en varias xuntas locais de seguridade, pero a alcaldesa “nunca tivo vontade de sumarse a ese programa”, que foi “asinado pola FEMP cando era ministro do Interior Alfredo Pérez Rubalcaba”.

Ameijide lembrou que foi o Partido Popular o que pediu “publicamente e en reiteradas ocasións, sen éxito, a adhesión do Concello de Lugo a ese protocolo”.

Por iso, critica a “incongruencia do PSOE”, que censura ao alcalde de Ourense polas súas declaracións sobre VioGén, e “anima a Caballero a utilizar a mesma vara de medir” no caso da alcaldesa de Lugo.

“Convidámolo a que recrimine tamén a actitude de Lara Méndez, por pecharse en banda a adherirse a ese protocolo cando o grupo do PP llo pediu publicamente, e ademais en reiteradas ocasións, desde o ano 2017”.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...