InicioSucesos'O Chamaco' asegura que quería suicidarse, pero que "se lle disparou a...

‘O Chamaco’ asegura que quería suicidarse, pero que “se lle disparou a escopeta”

José Manuel Carballo negou maltratar ou ameazar previamente á súa muller e dixo non acordarse de supostos episodios previos de violencia

PUBLICADA O

- Advertisement -

José Manuel Carballo, coñecido como ‘O Chamaco’, negou este mércores na vista oral que se está celebrando na Audiencia Provincial de Lugo que tivese intención de matar a súa muller, Ana Gómez, no domicilio que ambos compartían cos fillos menores dela, porque o que pretendía o día de autos era suicidarse, pero “disparóuselle a escopeta”.

Na súa declaración ante o tribunal do xurado, formado por seis homes e cinco mulleres, o acusado asegurou que o día de autos, o 11 de febreiro de 2016, pediulle á súa muller que viñese a casa porque “quería arranxar a situación con ela“.

Con todo, ao escoitala chegar, acompañada da súa propia nai -a sogra de Ana- e os fillos dela, meteuse na habitación dun dos adolescentes, coa escopeta cargada, e encerrouse dentro.

A preguntas do ministerio fiscal, asegurou que non tiña ningunha intención “de matar a Ana”.

Nese momento, “o que quería era suicidarme diante dela e da miña nai. Saio para fóra, coa mala sorte de que se me disparou a escopeta”.

Durante a súa declaración, José Manuel Carballo negou maltratar ou ameazar previamente á súa muller e dixo non acordarse de supostos episodios previos de violencia, mesmo do día no que presuntamente a encañonou coa escopeta e lle dixo que a ía “deixar seca”. EFE

ÚLTIMAS

Polémica por 300 hectáreas de monte veciñal no paraíso hippie de Negueira de Muñiz

É posible atopar restos de neve nos costados da sinuosa estrada que descende desde...

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...