InicioMedioambiente e PatrimonioUnha moeda de 2 euros adicada a Lugo?

Unha moeda de 2 euros adicada a Lugo?

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación Lugo Monumental, que agrupa aos negocios do centro histórico da capital lucense, expresou a súa satisfacción polo feito de que o Congreso dos Deputados vaia a debater unha iniciativa proposta por este mesmo colectivo para que se emita unha moeda de dous euros dedicada ao tres patrimonios da Humanidade que atesoura a cidade.

Mediante un comunicado, Lugo Monumental “congratúlase da iniciativa que, en forma de Proposición Non de Lei (PNL), presentou o deputado lucense Joaquín García Díez” e que “aparece recollida no Boletín Oficial das Cortes publicado o día 1 de outubro, na súa páxina 48”.

Nesa proposición, pídeselle ao Congreso que inste o Goberno de España a emitir, acuñar e pór en circulación unha moeda de dous euros dedicada a conmemorar os tres patrimonios da Humanidade de Lugo, que son a súa Catedral do século XII, a Muralla Romana e o Camiño Primitivo a Compostela.

Así mesmo, insta o Goberno a pór en circulación esas moedas conmemorativas durante o ano 2021. Para deseñar esa moeda, proponse, en colaboración coas administracións locais e autonómica, “un concurso de ideas”, sempre “acorde ás normas de deseño establecidas nos regulamentos europeos”.

Lugo Monumental confía en que “cando se renoven as sesións nas Cortes Xerais”, despois das eleccións do 10 de novembro, esta iniciativa sexa aprobada e “o Goberno que saia das urnas poida tramitar esta proposta”.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...