InicioEconomíaAbre o prazo para solicitar os nove locais comerciais da Tinería

Abre o prazo para solicitar os nove locais comerciais da Tinería

O Concello dá un prazo de 20 días hábiles para reclamar os espazos, que poderán visitarse a vindeira semana – A corporación abona o 80 por cento do aluguer

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo abre este venres un prazo de 20 días hábiles para solicitar os 9 locais comerciais da Tinería. As bases de convocatoria pública para abrir negocios nestes espazos foron publicadas o xoves no Boletín Oficial da Provincia. A concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, informou de que a vindeira semana haberá xornadas de portas abertas para coñecer as dependencias.

Deste xeito, o goberno local pon en marcha un viveiro de empresas a pé de rúa xestionado polo CEI Nodus nos 9 locais que alugados ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) na Tinería. Esta iniciativa, subliñou Prieto, supón “revalorizar o barrio dunha maneira controlada e eficaz por medio dunha economía sostible e de valor engadido que fará atractiva a zona, non só para emprender e traballar, tamén para vivir, facendo posible un efecto chamada de novos residentes e empresas”.

A cesión será en réxime de aluguer por un período de catro anos (contados dende a resolución definitiva e a entrega das chaves), con opción a prórroga. A renda será do 20 por cento do que lle custa ao Concello o arrendamento dos locais ao IGVS. En consecuencia, a entidade local achega o 80 por cento restante. Os importes oscilan entre os 10 euros ao mes do inmoble con menor superficie aos 72 euros do máis grande, IVE incluído.

As persoas ou entidades adxudicatarias asumirán o acondicionamento dos locais de acordo coas características da actividade empresarial que se pretenda abrir. A situación dos locais, a superficie de cada un e os importes que pagarán Concello e adxudicatarios son os indicados:

Renda anual que Concello abona a IGVS (sen IVE)

Renda anual a aboar ao Concello polos arrendatario/as (sen IVE)

Renda mensual a aboar polos arrendatarios/as (sen IVE)

N.º

SITUACIÓN LOCAIS COMERCIAIS

Superficie

Metros cadrados

1

R./ Recanto do Miño, nº 8

54.20

1.813,56 €

                              362,71 €

   30,23 €

2

R/Miño, nº 26

70.10

                 2.219,42 €

                              443,88 €

   36,99 €

3

R/Miño, nº 32

106,44

                 3.584,80 €

                              716,96 €

   59,75 €

4

R/Tinería nº 36

20,34

                  634,96 €

                              126,99 €

   10,58 €

5

R/Tinería nº 24

51

                 1.372,49 €

                              274,50 €

   22,87 €

6

R/Tinería nº 44

37,2

                  987,09 €

                              197,42 €

   16,45 €

7

R/Recanto do Miño, nº 15

18.90

                  501,51 €

                              100,30 €

    8,36 €

8

Praciña Universidade, nº3 – letra 1

53.84

                 2.086,88 €

                              417,38 €

     34,78 €

9

Praciña Universidade nº 3 – letra 2

50.24

                 1.960,45 €

                              392,09 €

   32,67 €

               15.161,16 €

                3.032,23 €

      252,69 €

Os beneficiarios poderán ser persoas físicas ou xurídicas que queiran desenvolver unha actividade comercial, de oficinas e administrativa, educativa, docente e cultural, asistencial, deportiva, sanitaria ou artesá. A Ordenanza de Burgos Medievais permite usos máis amplos nesta zona, “pero limitámolos a estes porque son os que máis poden dinamizar e poñer en valor o barrio”, explicou a alcaldesa, Lara Méndez.

Será requisito indispensable presentar un plan de empresa e unha memoria valorada economicamente, na que se describa a actividade a implantar e a data prevista para poñela en marcha (non superior aos 4 meses despois da entrega do local).

O procedemento de adxudicación será por concorrencia competitiva, e conforme aos principios de publicidade, transparencia, obxectividade e igualdade.

Criterios de valoración

As bases establecen criterios de valoración cuantitativos e cualitativos.

Os cualitativos son en función do tipo de empresas:

– Empresas de mercado: empresario individual, sociedade anónima e sociedade limitada: 2 puntos.

– Empresas de economía social: sociedade cooperativa, sociedade limitada laboral, fundacións e asociacións con fins comerciais: 4 puntos.

– Proxectos empresariais que procedan de viveiros de empresas, coworkings, etc.: 1 punto, que poderá acumularse aos anteriores.

Os cuantitativos puntuaranse cun máximo 5 puntos, distribuídos do seguinte xeito:

– Adecuación da actividade proposta ás características do local: ata 2 puntos.

– Dinamización comercial e xeración de afluencia de público ao barrio: ata 3 puntos.

No caso de que dúas ou máis solicitudes acaben igualadas en puntuación para un mesmo local, a orde de adxudicación establecerase por sorteo público. A súa convocatoria será anunciada no Taboleiro de Anuncios e na páxina web do Concello con 24 horas de antelación.  

As solicitudes serán valoradas por un comité técnico composto por seis persoas:

– 3 vogais nomeados polo Concello (un técnico de Urbanismo e dous do CEI Nodus)

– 1 vogal nomeado pola Federación Galega de Comercio

– 1 vogal nomeado pola CEL

– Secretaría (secretario ou vicesecretaria do Concello)

Para maior información, o anuncio da convocatoria, ademais de no BOP, publicarase na web do Concello (www.lugo.gal) e no Taboleiro de Anuncios municipal. As solicitudes estarán dispoñibles, amén da web, nas oficinas de Atención ao Cidadán.

A resolución definitiva de adxudicatarios incluirá unha lista numerada de reservas para a ocupación dos locais, para o caso de renuncias ou incumprimentos. Será publicada no Teboleiro de Anuncios e na web municipal.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...