InicioCulturaO Arde Lucus supérase: Lugo agarda por 500.000 visitantes

O Arde Lucus supérase: Lugo agarda por 500.000 visitantes

O calendario e o tempo favorable, engadido á presenza de máis asociacións de fóra de Lugo, permitirán superar todos os rexistros de afluencia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A edil de Turismo do Concello de Lugo, Carmen Basadre, asegurou que máis de 500.000 persoas visitarán a cidade durante as celebracións do Arde Lucus. A festa que recrea o pasado romano e castrexo da urbe comeza este venres 15 e prolongarase durante a fin de semana.

Na 17.ª edición, esta Festa de Interese Turístico galego e nacional ten programadas máis de 350 actividades entre os tres días. A boa previsión meteorolóxica e a situación no calendario axudarán a superar os 450.000 visitantes rexistrados en 2017, contando este ano con máis asociacións foráneas.

102 romanos e castrexos competirán na Mvrvs Lvcis

102 romanos e castrexos competirán deportivamente polo adarve da Muralla na carreira II Mvrvs Lvcis, que se celebrará na primeira xornada do Arde Lvcvs MMXVIII, este venres, 15 de xuño, a partir das 12 da noite. Esta carreira noctura constará dunha volta polo adarve da Muralla, correndo o grupo dos romanos (40) e o dos castrexos (62) en sentido contrario, é dicir, un grupo sairá cara a dereita e outro cara a esquedra, sentido que escollerá un representante do grupo romano e do grupo castrexo co xogo da moeda ao aire.

A recollida de dorsais e vestimenta realizarase no centro colaborador do evento Forus Lugo, na rúa Iglesias Otero, dende o mércores e ata o venres. Haberá un gañador e unha gañadora absolutas en cada categoría (romana ou castrexa) e un equipo gañador, que resultará da suma dos 15 mellores tempos masculinos e 10 femininos de cada categoría.

A proba comezará e rematará na Praza de Pío XII, onde todas as persoas participantes están convocadas ás 23:45 horas, para comezar a carreira 15 minutos máis tarde.

COMERCIOS LIBRES DE Violencia machista

Son 17 as asociacións, vinculadas coa recreación romana e castrexa, as que participarán de leste Arde Lucus. Esta edición incorpora a lema “non é non” contra as agresións sexistas, unha iniciativa na que tamén colabora a Deputación de Lugo.

Con motivo desta campaña, a deputada de Benestar, Sonsoles López, explicou que se repartiron carteis coa lema “non é non” nos locais comerciais e hostaleiros da cidade, que servirán de “zonas refuxio” no caso de que alguén senta agredido.

Ademais, repartíronse “chapas” para concienciar contra as agresións sexistas. “Queremos deixar claro que Lugo é unha cidade que ten clara cal é a súa posición”, esgrimiu.

ÚLTIMAS

Polémica por 300 hectáreas de monte veciñal no paraíso hippie de Negueira de Muñiz

É posible atopar restos de neve nos costados da sinuosa estrada que descende desde...

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...