Axentes do Corpo Nacional de Policía levantaron dezanove actas por consumo de sustancias estupefacientes nas inmediacións de locais de copas de Lugo, ademais doutro atestado “por tenencia de armas ilícitas”, en total nove, nas zonas de movida da cidade e en horario nocturno.
É o resultado de varios controis realizados durante o último fin de semana por funcionarios da Comisaría Provincial de Lugo para prever o “consumo de sustancias estupefacientes e os altercados que se producen” nas zonas de movida da cidade, nas inmediacións dos locais de copas, en horario nocturno.
Ademais, tamén foi detida unha muller por causar “altercados en dous locais de lecer da cidade”, onde chegou a agredir a outros clientes. Cando os axentes tentaron identificala, ameazounos e insultounos, de modo que foi detendia por atentado, resistencia e desobediencia.
A muller, que foi arrestada nun local do barrio de San Antón, xa foi posta a disposición xudicial.