InicioLugo e contornaFomento somete a información pública a construción dunha glorieta na N-VI en...

Fomento somete a información pública a construción dunha glorieta na N-VI en Outeiro de Rei

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Fomento, segundo publica este xoves o Boletín Oficial do Estado (BOE), iniciou o trámite de información pública do proxecto para a implantación dunha glorieta na intersección do quilómetro 513 da N-VI, ao seu paso por Outeiro de Rei (Lugo).

O proxecto, licitado en 370.000 euros, consiste na transformación en glorieta da intersección existente neste punto, así como a reposición de itinerarios peonís, paradas de autobús, elementos de drenaxe, sinalización, iluminación e outros servizos que resulten afectados as obras.

Nesta área, explicou o Goberno, sitúase unha intersección coa estrada autonómica LU-115 que, á súa vez, serve de acceso á saída 507 da autovía A-6.

A proximidade da ligazón coa A-6, así como a presenza de numerosas industrias situadas no polígono industrial de Outeiro de Rei, provoca que a intersección entre a N-VI e a LU-115 presente un volume de tráfico importante, gran parte do cal realiza o xiro á esquerda nesa intersección.

A maiores, a necesidade dos peóns de cruzar tanto a N-Vi como a LU-115, provoca situacións de inseguridade viaria, acentuadas pola elevada intensidade de tráfico rodado na intersección.

Para solucionar o problema exposto, Fomento proxectou unha glorieta que resolva e ordene a problemática dos xiros á esquerda entre as dúas estradas, “mellorando a seguridade viaria do tramo e facilitando todos os movementos”.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...