InicioEconomíaO Camiño dunha vintena de emprendedores lucenses

O Camiño dunha vintena de emprendedores lucenses

O Concello pon en marcha o 'Lucus Raid', unha iniciativa que procura crear sinerxías entre mozos e mozas menores de 35 anos, preferiblemente. Percorrer o Camiño Primitivo polas mañás e desenvolver talleres formativos pola tarde: esa é a proposta coa que arrinca.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Emprender un camiño non é tarefa doada. Tampouco o Camiño, con maiúscula ao inicio. Pero se se fai en grupo semella máis fácil. E incluso pode ser unha oportunidade para partillar ideas innovadoras entre persoas que comezan proxectos de seu.  Por iso, a área de Desenvolvemento Local e Emprego, do Concello de Lugo, pon en marcha o ‘Lucus Raid’, un proxecto que pretende crear sinerxías entre mozos na ruta xacobea. A actividade desenvolverase as fins de semana do 13, 14 e 15 de setembro, e proseguirá o 27, 28 e 29.

Preto dunha vintena de mozos e mozas participarán nesta andaina, cuxo fundamento é crear un ambiente favorable para identificar problemas no emprendemento lucense. Así, utilizarase o Camiño Primitivo como canle de comunicación onde se xeren ideas e solucións creativas: fomentar a cultura emprendedora á vez que se pon en valor o patrimonio lucense, explican dende o Concello.

A QUEN SE DIRIXE A INICIATIVA

A idea foi presentada a comezos do mes de xullo pola área de Desenvolvemento local e Emprego, que dirixe Mauricio Repetto, onde explicou que “a iniciativa vai dirixida preferentemente a persoas desempregadas menores de 30 anos“. Do mesmo xeito, tamén foi pensada especificamente para as mulleres de Lugo que estean a buscar emprego. “Pensamos nestes colectivos porque se atopan en situación de maior vulnerabilidade á hora de inserirse no mercado laboral”, incidiu daquela Repetto.

O programa previsto no itinerario será o percorrido do Camiño durante as mañás (20 quilómetros diarios de media) e o desenvolvemento de talleres formativos polas tardes, que estarán a cargo de especialistas en áreas estratéxicas para a posta en marcha de iniciativas empresariais. Ao mesmo tempo que se dá a formación potenciarase a creación de lazos de cooperación entre os participantes.

As etapas axustaranse ao percorrido tradicional do Camiño de Santiago durante os últimos 140,9 quilómetros do Camiño Primitivo, desde o antigo hospital de peregrinos en A Fonsagrada ata Santiago de Compostela. Ademais, o programa inclúe aloxamento en albergues e a manutención, así como un kit de peregrinos.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...