Fronte común de alcaldes de Lugo e A Coruña para pedir a reactivación da central das Pontes

Os camioneiros encargados do transporte do carbón realizarán peches en concellos de varias comarcas

Reunión de alcaldes nas Pontes este mércores.. CEDIDA

Varios alcaldes da provincia de Lugo reuníronse con outros da Coruña para formar unha fronte común e reclamar a reactivación da central térmica de Endesa nas Pontes. Despois de catro meses sen actividade, as mobilizacións virán tamén por parte do colectivo de transportistas de carbón e planean chegar ata Madrid.

Así o asegurou o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso (PSOE), minutos antes de reunirse con representantes dos gobernos municipais de Vilalba, Xermade e Lugo, ademais dos concellos coruñeses da Capela, As Somozas, Cabanas, Cerdido, Cariño, Fene, Ferrol, Moeche, Narón, Ortiguiera, Pontedeme, San Sadurniño e Valdoviño. Na xuntanza tamén estivo presente o presidente do colectivo de Transportistas do Carbón das Pontes, ‘Cholo’ Bouza.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial. 

 

Piden precisar a data de peche das Pontes para “reconducir o emprego”