InicioMovementos sociaisAdega conciencia en Lugo sobre o impacto das especies invasoras

Adega conciencia en Lugo sobre o impacto das especies invasoras

A mostra 'Unha invasión silenciosa. A biodiversidade baixo ameaza' estará no Pazo de San Marcos ata o vindeiro 2 de xullo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) está presente dende este martes en Lugo. O Pazo de San Marcos alberga a exposición Unha invasión silenciosa. A biodiversidade baixo ameaza, acerca da problemática das especies exóticas invasoras. A mostra comprende 13 paneis, que repasan as principais ameazas á biodiversidade autóctona por mor da presencia de especies alleas de carácter invasor.

Na inauguración participaron a presidenta de Adega Lugo, Adela Figueroa, o presidente de Adega Compostela, Paco Bañobre, e a deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo. A enviada da Deputación salientou o apoio do ente provincial ás iniciativas que conciencian sobre os perigos ambientais, como a introducción propias doutros hábitats. “A través desta exposición coñeceranse as ameazas no noso entorno natural e ofreceranse recomendacións, para que todos os veciños poidamos colaborar na conservación do noso medio ambiente, a maior riqueza que temos na provincia”, salientou.

13 paneis informativos

Unha invasión silenciosa. A biodiversidade baixo ameaza afronta, nos 13 paneis, diferentes  características das especies invasoras: a uniformización da natureza, como chegaron aquí, onde podemos atopalas, o perigo que supoñen para a diversidade, o impacto económico, e tamén xeitos de combatelas. Neste senso, infórmase sobre a eliminación que se está a facer de especies invasores e ademais recálcase o papel invasor do ser humano.

Nos últimos anos, Adega ten realizado numerosas actuacións de divulgación sobre esta problemática, así como numerosas actuacións de eliminación de flora exótica invasora en diferentes espazos naturais galegos. A exposición actual estará no Pazo de San Marcos ata o 2 de xullo

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...