InicioSucesosA saída de vía dun vehículo sáldase cunha persoa evacuada en Rábade

A saída de vía dun vehículo sáldase cunha persoa evacuada en Rábade

A ferida e o seu acompañante circulaban pola N-VI dirección A Coruña.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha persoa foi evacuada a un centro hospitalario tras un accidente de tráfico rexistrado en Rábade, cando o vehículo no que viaxaba canda a un acompañante se saíu da vía.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, este accidente ocorreu sobre as 21.00 horas deste martes. Foi un dos ocupantes do turismo quen chamou para pedir axuda e indicou que saíran da vía cando circulaba pola N-VI, dirección A Coruña, ao seu paso polo municipio de Rábade. O alertante explicou que puidera saír do turismo, pero a súa compañeira quedara atrapada no seu interior e necesitaban asistencia sanitaria.

O 112 Galicia, ademais de pór en alerta ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, informou os Bombeiros de Vilalba e a Garda Civil de Tráfico. Así mesmo, logo de que os axentes indicaran que varios sinais da vía resultaran danados debido ao accidente, os xestores do 112 solicitaron a intervención de persoal do servizo de mantemento e de limpeza da vía.

Unha vez no punto, os bombeiros confirmaron a excarceración dun dos feridos. O 061 enviou o equipo sanitario da PAC de Outeiro de Rei e unha ambulancia asistencial que levou unha muller de 42 anos ao Hospital Nosa Señora dos Ollos Grandes,  segundo confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...