Morre un home tras caer á auga no Río Miño cando pescaba en Guntín

Varias estradas están afectadas polo desbordamento do alto Miño e afluentes | Deputación de Lugo
Río Miño | Deputación de Lugo

Un home faleceu na noite deste domingo tras caer ao Río Miño cando pescaba no límite dos municipios lucenses de Guntín e Portomarín.

Segundo informou o 112 Galici, o corpo sen vida do pescador foi localizado dúas horas despois de que os compañeiros o viran caer á auga mentres pescaban no lugar de Santoalla, no límite entre os concellos de Guntín e Portomarín.

A primeira chamada de alerta ao 112 Galicia produciuse pasados uns minutos das 20,00 horas deste domingo cando un grupo de catro persoas practicaba a pesca na parroquia de Francos e unha delas caeu ao río. Por iso, activouse un operativo para atopar ao home, ao que perderan de vista, que foi localizado en Santoalla unhas dúas horas despois sen vida.

Na procura colaboraron os Bombeiros de Chantada, membros do GES de Monterroso, voluntarios de Protección Civil de Portomarín, axentes da Garda Civil e servizos sanitarios de urxencia, que nada puideron facer por salvar a vida do home.

En concreto, indicaron fontes sanitarias a Europa Press, o 061 mobilizou unha ambulancia asistencial e o equipo sanitario do Punto de Atención Continuada (PAC) de Guntín, que confirmou o falecemento do home.