InicioPolíticaA Deputación prepara a despedida definitiva de Suplusa

A Deputación prepara a despedida definitiva de Suplusa

José Tomé anunciou un pleno extraordinario para proceder á disolución da Sociedade Urbanística Provincial. Cre que, a día de hoxe, "carece de sentido", xa que nin sequera ten a condición de medio propio. Coa súa desaparición tamén se acordaría desistir das accións xudiciais interpostas entre a sociedade e a Deputación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación, José Tomé, anunciou este mércores a decisión de convocar un Pleno extraordinario para a disolución de Suplusa. Entende que, aínda que foi útil no seu momento, agora é unha entidade desvirtuada polas disfuncións dos últimos anos. Desta maneira, co inicio dos trámites para a súa disolución, daríase o primeiro paso para cumprir un dos puntos centrais do pacto de Goberno entre PSOE e BNG.

Menos dun mes despois da investidura de Tomé, o presidente arranca o procedemento que desembocará na desaparición da Sociedade Urbanística Provincial. Coida que con este movemento se contribuirá a devolver a tranquilidade e a normalidade institucional á Deputación, xa que Suplusa foi motivo de múltiples disputas nos últimos tempos, da man do que foi o seu presidente, Manuel Martínez. O ente provincial retiráralle a condición de medio propio en marzo de 2018, polo que “hoxe a súa existencia carece de sentido”.

PROCEDEMENTO A SEGUIR

Así pois, o proceso comeza co Pleno extraordinario que se convocou hoxe e que se celebrará a principios de setembro. Ábrese, entón, a primeira fase, a de disolución. Quedarán outras dúas: a de liquidación e a de extinción definitiva da entidade e da súa personalidade xurídica.

Co fin de que haxa sintonía na corporación en todo este procedemento, PSOE, PP e BNG asinaron a convocatoria da Xunta Xeral Extraordinaria do ente mercantil para o día 12 de setembro. A orde do día inclúe os seguintes puntos: acordar a disolución da sociedade e a súa entrada en liquidación, así como o desistimento das accións xudiciais interpostas mutuamente (sociedade-Deputación); establecer un período de liquidación de 24 meses, que poderá ser ampliado mediante petición motivada; cesar a todas as persoas administradoras e órganos da sociedade (secretaría, intervención, tesouraría, xerencia e dirección técnica); e designar as persoas que exercerán o cargo de liquidadores da sociedade (os deputados Pilar García Porto, Mónica Freire Rancaño e José Antonio García López).

SITUACIÓN DOS TRABALLADORES

O PP provincial tamén asinou esa convocatoria e,  aínda que defenden a xestión de Suplusa, consideran que a súa imaxe se viu “danada” nos últimos tempos como consecuencia “exclusiva” do “incrible conflito político interno” do PSOE. “Participaremos no proceso sempre e cando estean salvagardados os dereitos dos traballadores e dos Concellos”, aseguran nun comunicado.

Respecto diso, o presidente da Deputación afirmou que a corporación ten a vontade de garantir os  dereitos laborais dos empregados,  para o cal se solicitarán os informes técnicos pertinentes.

“ADELGAZAMENTO” DA DEPUTACIÓN

Dende o organismo provincial, coidan que esta medida supón un avance no proceso de reestruturación, modernización e “adelgazamento” da Deputación, un dos obxectivos do pacto de Goberno. Así pois, lograríase un aforro económico importante.

O contrapoder de Suplusa chega á súa fin

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...