InicioTerra CháBegonteA provincia de Lugo terá dúas novas unidades de Atención Temperá

A provincia de Lugo terá dúas novas unidades de Atención Temperá

Unha delas dará cobertura aos concellos de Outeiro de Rei e Castro, mentres que a outra será compartida entre Friol, Guntín, Palas e Begonte. Trátase dun servizo pensado para detectar posibles trastornos nos primeiros anos de infancia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Lugo contará con dúas novas unidades de Atención Temperá para detectar e tratar posibles trastornos que se producen nos primeiros anos da infancia. Estas incorporacións súmanse ás outras tres unidades xa existentes, polo que un total de 17 concellos terían cuberto este servizo, segundo explica a Xunta.

O delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, presentou este venres estas dúas novas unidades. Estivo acompañado polos alcaldes de Palas de Rei, Outeiro de Rei e a alcaldesa de Guitiriz, ademais de concelleiras de Begonte, Friol e Castro de Rei.

Unha das unidades comprende “aos concellos de Outeiro de Rei e de Castro e a outra será compartida polos de Palas de Rei, Begonte, Friol e Guntín”, anunciaron. As outras tres unidades que xa están en marcha na provincia son as de Antas de Ulla, Mondoñedo e Burela. Así pois, Balseiro destacou que a Consellería de Política Social financia este servizo nun total de 17 municipios cun importe de 294.000 euros.

O SERVIZO

O delegado territorial fixo fincapé en que este tipo de atención é “un servizo fundamental para os nenos e nenas de cero a seis anos con trastornos no seu desenvolvemento ou con problemas de padecelos”. “Este servizo ofrece un conxunto de accións compensadoras que facilitan a súa adecuada maduración en todos os ámbitos e permítelles alcanzar o máximo nivel de desenvolvemento persoal e integración social”, precisou.

En cada unidade traballará un “equipo multidisciplinar, cun mínimo de tres integrantes con formación apropiada“. Refírense ás áreas de pedagoxía, psicopedagoxía, psicoloxía, educación social, traballo social, maxisterio, enfermaría, terapia ocupacional, fisioterapia ou medicina. “O persoal debe de estar especializado en desenvolvemento infantil en atención temperá”, expuxo Balseiro.

Un dos alcaldes que interviu, o de Palas de Rei, Pablo Taboada, indicou que se trata dun “paso máis na calidade dos servizos sociais”. “Isto significa que atendemos a poboación infantil, neste caso nenos de cero a seis anos”, pero “non só aos pequenos, senón tamén ás súas familias”, concluíu.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...