InicioEconomíaLugo gañou un 1,4% de afiliados á Seguridade Social en xullo

Lugo gañou un 1,4% de afiliados á Seguridade Social en xullo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Seguridade Social gañou 12.290 afiliados en xullo en Galicia en relación con xuño, o que representa un incremento do 1,2%, mentres que son 15.937 máis que hai un ano (+1,56%) e o total sitúase en 1.037.482 ocupados, segundo os datos que publica este venres o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Por provincias, na comunidade galega, o maior aumento deuse en Pontevedra, do 1,62%, con 5.811 afiliados máis; e seguiulle A Coruña, con 3.713 máis, un 0,85%. Con todo, en termos relativos, foron maiores os ascensos en Lugo (+1,4%) e Ourense (+1%).

Deste xeito, por réximes, os dados de alta no sistema en Galicia distribúense entre os 804.725 do xeral, 211.420 autónomos e 21.337 do sector do mar. Dentro do réxime xeral, 804.725 son afiliados do subtipo xeral, 26.177 correspóndense con ocupados no sector do fogar e 5.908, co agrario.

ÚLTIMAS

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...