InicioSucesosPiden que se xulgue por maltrato animal aos propietarios dos cans atopados...

Piden que se xulgue por maltrato animal aos propietarios dos cans atopados mortos de sede en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación animalista Libera e a Fundación Franz Weber avanzaron que lle trasladarán ao Parlamento de Galicia unha petición para crear un Rexistro Autonómico de Maltratadores de Animais, despois de coñecer o achado en Lugo de dous cans mortos de sede.

Ambos os colectivos aclaran que este petición se produce despois de coñecer “un novo macabro suceso no municipio de Lugo na tarde do luns”, cando profesionais do servizo contra incendios descubriron a dous cans, “posiblemente mortos de sede, en avanzado estado de descomposición e tapados con mantas, despois de que os veciños alertasen do cheiro nauseabundo” que chegaba desde esa vivenda.

Os animalistas lembraron que ese tipo de actos pode ser “constitutivo dun delito de malos tratos animais” e a persoa responsables da “dobre morte podería ser condenada até a 18 meses de prisión”, mentres que en vía administrativa a sanción podería alcanzar até 30.000 euros.

Ambos os colectivos propoñen imitar a cidades como Nova York coa creación dese rexistro autonómico de persoas que maltratan aos animais, precisamente para “evitar a reincidencia no abandono ou malos tratos”. Ese rexistro, aclaran, tería carácter confidencial e podería ser consultado polos concellos, as forzas de seguridade e o propio goberno autonómico.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...