InicioLugo e contornaLugoCandia critica o vacío de poder que existe no PSOE e na...

Candia critica o vacío de poder que existe no PSOE e na Deputación de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Mondoñedo e portavoz en funcións do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, asegurou que non contan con “interlocutor” no PSOE tras a dimisión do secretario provincial e portavoz do goberno da institución, Álvaro Santos.

Así mesmo, a rexedora popular considerou que o presidente en funcións, Darío Campos, “non está a adoptar ningunha decisión de futuro porque sabe que ten os días contados” tras a designación por Ferraz do alcalde de Monforte, o socialista José Tomé, como candidato á Presidencia desta deputación.

Neste contexto, a persoa que asumiu a presidencia da xestora do PSOE de Lugo é o secretario de Organización do PSdeG, José Antonio Quiroga. Sobre este, Elena Candia avisou de que “tampouco vai ter presenza na deputación” ao non ter “a condición de concelleiro”. “É unha situación peculiar”, lamentou a portavoz do PP na Deputación de Lugo e alcaldesa do municipio de Mondoñedo.

CONSTITUCIÓN DA DEPUTACIÓN

Un factor que pode ou non atrasar a constitución da deputación é a repetición de eleccións nunha mesa de Burela, que ordenou o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia.

Candia interpreta que será a Xunta Electoral de Zona, neste caso o xulgado de Mondoñedo, o que decidirá sobre esta continxencia de seguir coa constitución ou paralizala ata despois da repetición de eleccións nesa mesa de Burela. Si se dá o segundo dos casos estima que probablemente esa constitución non chegaría ata novembro.

Sexa como sexa, a tamén presidenta do PP en Lugo puntualizou que “a lei permite que se constitúa a deputación, pero os concelleiros do concello onde teñen que repetir non poderían optar a ser deputados, o cal pode interpretarse que pode afectar a un dereito fundamental dos mesmos”.

“Estamos á expectativa da resposta que dea o órgano competente que é a Xunta Electoral de Zona, en todo caso (a constitución da deputación) non antes do cinco de xullo que é cando se constitúe Monterroso”, sinalou. Elena Candia apela a que a lei “non” é tan clara, porque “por unha banda di que teñen que estar constituídos todos os concellos e, doutra banda, di que se por unhas circunstancias se anulase algún proceso electoral non se impedirá a constitución da deputación, e isto é o que di a lei electoral”.

Unha “lei electoral”, que en opinión de Candia (avogada de formación), “bordea a legalidade en canto aos dereitos fundamentais dos concelleiros se refire“. E é que, segundo apuntou, “si se constitúe a deputación sen estar concluído o proceso electoral que hai que repetir en Burela e sen estar constituída a corporación dese municipio iso implica que ningún dos concelleiros de Burela podería ser deputado provincial”.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...