InicioLugo e contornaLugoComeza a veda da centola e do boi de mar na provincia...

Comeza a veda da centola e do boi de mar na provincia de Lugo

Así o informou a Xunta en consonancia co establecido polo Plan de Xestión para estas especies para a campaña 2019-2020, que establece o período de veda na provincia de Lugo entre as 00,00 horas do 28 de xuño e as 00,00 horas do 1 de decembro, ambos os incluídos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A veda da centolla e do boi de mar na zona comprendida entre cabo Estaca de Bares e o Río Eo, na provincia de Lugo, comezará este venres, día 28, e prolongarase ata o 1 de decembro.

Así o informou a Xunta en consonancia co establecido polo Plan de Xestión para estas especies para a campaña 2019-2020, que establece o período de veda na provincia de Lugo entre as 00,00 horas do 28 de xuño e as 00,00 horas do 1 de decembro, ambos os incluídos.

Nas provincias da Coruña e Pontevedra a veda comezou xa o pasado 22 de xuño e prolongarase ata o 10 de novembro incluído.

O período de veda significa que queda expresamente prohibida a captura destas especies para todas as embarcacións e por medio de calquera arte no litoral galego. As embarcacións dedicadas á captura de centolla e boi de mar con nasas deberán retiralas e levalas a porto.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...