InicioPolíticaLeiceaga nega 'purgas' no PSOE de Lugo e cre que os cambios...

Leiceaga nega ‘purgas’ no PSOE de Lugo e cre que os cambios achegarán “estabilidade e normalidade” á Deputación

Di que el ten "boa relación" con Álvaro Santos e Darío Campos e asegura que seguirán tendo un papel "importante" no partido. O presidente en funcións da deputación critica as "formas" que o PSOE tivo con el. A líder do PP lucense, Elena Candia, solidarizase con el.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou que os cambios introducidos no Partido Socialista da provincia de Lugo achegarán “estabilidade e normalidade” á organización e ao goberno provincial.

Nunha rolda de prensa celebrada este luns, Leiceaga foi cuestionado sobre os acontecementos da última semana no PSOE lugués coa dimisión do ata entón secretario provincial, Álvaro Santos, e a ratificación da dirección federal do partido do alcalde de Monforte, José Tomé, como candidato a presidir a deputación en detrimento de Darío Campos.

Fernández Leiceaga negou que se trate dunha ‘purga’ promovida pola dirección galega, xa que sostén que “o que pasou foi unha dimisión e a elección das bases do partido, alcaldes e concelleiros; dos seus deputados provinciais que a dirección (federal) avalou”.

“BOA RELACIÓN”

Así as cousas, afirmou que persoalmente ten “boa relación” tanto con Álvaro Santos como con Darío Campos, dos que destacou o “papel político en Lugo” desempeñado ao longo dos últimos anos e agardou que sigan tendo un papel importante no PSOE da provincia.

Con todo, afirma que foi “unha etapa moi convulsa nas relacións internas e externas” na provincia, polo que confía en que a “nova configuración” do PSOE lugués sirva para iniciar “unha etapa de estabilidade e normalidade” ademais de para ter “unha boa relación” co resto de forzas “progresistas” de Lugo.

CRÍTICAS

Por outra banda, o aínda presidente da Deputación, Darío Campos, criticou as “formas” coas que o seu partido decidiu desfacerse del na Presidencia deste organismo, xa que, non foi escollida pola dirección federal, nin a dirección galega, como deputado provincial a pesar de ser o elixido polos militantes da Mariña.O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou que os cambios introducidos no Partido Socialista da provincia de Lugo achegarán “estabilidade e normalidade” á organización e ao goberno provincial.

Tamén a presidenta do PP de Lugo e alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, criticou os xeitos que tiveron os socialistas para prescindir do quen aínda segue sendo o presidente da deputación en funcións.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...