Caballero apunta a unha “situación de avance” os cambios que se poden dar na Presidencia da deputación

Álbaro Santos, Lara Méndez e Gonzalo Caballero paseando polas rúas de Lugo / PSdeG

O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, tentou esquivar a grave crise aberta no seu partido en Lugo a conta da elección do candidato socialista a presidir a Deputación de Lugo. “Estamos moi ben e non imos desviarnos“, dixo preguntado sobre os graves problemas da agrupación provincial.

Unhas declaracións que facía en Santiago xusto ao mesmo tempo que en Lugo o xa ex secretario provincial socialista, Álvaro Santos, anunciaba a súa dimisión. De feito, Caballero asociaba esta crise coa que tivo lugar en Ourense, coa marcha de Pachi Vázquez. “Houbo ex secretarios xerais deste partido que marcharon do PSOE e montaron outros partidos”, ironizaba en relación aos malos resultados colleitados. Toda a información no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here