InicioPolíticaO alcalde de Monforte di estar a "disposición" do PSOE na...

O alcalde de Monforte di estar a “disposición” do PSOE na Deputación de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Monforte en funcións, o socialista José Tomé, asegurou estar a “disposición” do Partido Socialista, ao que atribuíu a responsabilidade de decidir o que considere “oportuno” para a Deputación de Lugo.

Tomé, que se postulou para presidir a institución provincial do mesmo xeito que Darío Campos, destacou que nestes momentos está “centrado” na toma de posesión como rexedor que terá lugar o vindeiro sábado e despois de ser reelixido con maioría absoluta.

Así mesmo, tras remitirse ao comunicado remitido hai unha semana aos medios no que mostraba a súa “disposición” de presidir a institución provincial, asegurou que tal “disposición” vai na liña de “que si consideran oportuno cando decidan que persoa representa ao PSOE polo sur e pola comarca de Lemos que saiban de” a súa “dispoñibilidade”.

“A partir de aí, ata que os órganos do partido sinalen e teñan que dicir o que teñan que dicir, eu non vou facer máis valoracións“, expresou para afirmar que descoñece cando se pronunciará o PSOE. “Eu estou centrado na toma de posesión do próximo sábado, que é a toma de posesión das corporacións e dos novos alcaldes”, reiterou nun acto contra violencia machista na cidade de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...