InicioPolíticaO PP de Lugo censura "repartición de cromos" de PSOE e BNG...

O PP de Lugo censura “repartición de cromos” de PSOE e BNG no concello

O portavoz do Grupo Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, critica este martes que o PSOE e o BNG "repartan os cromos" do próximo goberno municipal mentres o inventario do patrimonio municipal "está completamente desfasado e sen actualizar desde o ano 2014".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz do Grupo Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, critica este martes que o PSOE e o BNG “repartan os cromos” do próximo goberno municipal mentres o inventario do patrimonio municipal “está completamente desfasado e sen actualizar desde o ano 2014”.

Segundo explica o portavoz do PP no Consistorio, ao goberno en funcións “pouco ou nada lle importa” a cidade pola súa “desidia” de “seguir sen preocuparse por actualizar” este inventario. Neste sentido, lembra que os populares levaron ao pleno de novembro de 2017 unha iniciativa neste sentido e que, a pesar de ser aprobada “por unanimidade”, a “pasividade e o deixamento” dos socialistas levou a que “non ordenasen a ningún funcionario” renovar o catálogo.

“Co catálogo que había en novembro de 2017 era imposible que a alcaldesa (Lara Méndez) ou calquera membro do seu goberno puidese responder á pregunta de cantas leiras, vehículos, inmobles ou outros bens municipais ten o Concello. Pregunta que a día de hoxe segue sen poder responder”, afirma Ameijide.

E é que, segundo engade, desde entón “o único” que se fixo foi “actualizar o valor dos bens” que xa figuran no inventario. Ademais, o portavoz popular asegura que a primeira tenente de alcalde en funcións, Ana Prieto, asinou “en tan só 59 segundos” a aprobación dos catálogos de 2016, 2017 e 2018 “porque son idénticos”.

“Con esta actuación, o único que fai é referendar que o seu interese nunca estivo en axudar a Lugo e ao Concello, algo que se evidenciou desde que recolleu a súa acta de deputada en Madrid”, incide Ameijide en referencia a Prieto, quen foi electa para a Cámara Baixa nas eleccións xerais do pasado 28 de abril.

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

A Deputación presenta na poxa de Pedrafita cinco xovencas da Granxa Gayoso Castro

  O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, asistiu este xoves á poxa de xovencas...