InicioLugo e contornaLugoGonzalo Caballero defende ó goberno de Lugo das "críticas sen proxecto"

Gonzalo Caballero defende ó goberno de Lugo das “críticas sen proxecto”

Valora como "sólido" e "ben encarado" o goberno de Lara Méndez, tamén fronte ao de "outras forzas" que se atopan "sen capacidade de xestión"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reivindicou este mércores en Lugo a existencia dun goberno municipal, o que dirixe a socialista Lara Méndez, “forte, sólido, ben encarado” e “con proxecto”, que “acaba de aprobar os orzamentos”.

A xuízo de Caballero, que visitou distintas instalacións municipais, no concello lucense, gobernado desde hai case 20 anos polos socialistas, a xestión “non para, avanza e dá a mostra dun goberno municipal fronte ao cal non hai máis nada que a crítica e a incapacidade de ter proxecto de cidade”.

“Lugo é unha cidade que conseguiu cos gobernos socialistas avances importantes, unha cidade que se transformou de forma substancial con alcaldes socialistas e que outras cidades de Galicia ven con envexa, como o goberno popular de Ourense que non aprobou ningún dos orzamentos ou noutros lugares outras forzas políticas chegaron ao goberno municipal pero sen capacidade de xestión”, expuxo.

Así, afirmou que os socialistas galegos están “moi satisfeitos” do “bo traballo realizado pola alcaldesa, Lara Méndez, e o seu equipo de goberno”.

Á súa vez, criticou a “xestión” do goberno popular da Xunta de Galicia “cara á cidade de Lugo, facéndoo neste cuartel (o de San Fernando) que é unha mostra de como o goberno da dereita e do PP, como Feijóo, incumpre con Lugo e como non atende aos seus compromisos históricos coa cidade”.

Respecto diso, denunciou que “segue pendente o museo da romanización”, ademais protestar polas políticas de Feijóo “en materia de infraestruturas, que son de desprezo á cidade de Lugo e os seus cidadáns”.

INFRAESTRUTURAS

Neste sentido, criticou que o ministro de Fomento e o presidente da Xunta presentasen en Lugo un proxecto de conexión ferroviaria con Ourense “sen compromisos orzamentarios, sen prazos”. “Cando as infraestruturas viarias tamén están nun estado de indefinición, sen avances, e de deterioración”.

As infraestruturas ferroviarias seguen sendo unha materia pendente de Feijóo e o seu goberno con Lugo. Feijóo e o ministro de Fomento estiveron aquí en campaña electoral, facendo unha política de botafumeiro e de anuncios gratuítos que non se concretan”, concluíu.

ÚLTIMAS

Nova oficina do SEPE en Lugo, pola que pasarán 27.000 veciños ao ano

A antiga Escola de Enfermaría de Lugo acolle a nova oficina do SEPE na...

Conmemoran a batalla do Porto de Bois e reivindican “Altri non”

Coincidindo coa xornada de conmemoración da batalla de Porto de Bois, xuntouse un grupo...

Lugo rexistra un terremoto de magnitude 3.6 que se fixo notar

Un terremoto de magnitude 3,7 na escala de Richter con epicentro en Sarria foi...

Un policía local de Lugo fóra de servizo practica un RCP e sálvalle a vida

Un policía local de Lugo que se atopaba fóra de servizo practicou unha manobra de...