InicioSucesosDetido un mozo polo secuestro dunha muller nun club do Corgo

Detido un mozo polo secuestro dunha muller nun club do Corgo

A Garda Civil detivo este martes en Madrid a un varón que fuxira despois de planificar e encabezar o secuestro dunha muller nun club de alterne

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un mozo de 24 anos na mañá deste martes en Madrid por planificar, coordinar e encabezar o secuestro dunha muller nun club de alterne o pasado mes de novembro no municipio lucense do Corgo.

Así o informou o Instituto Armado, que explicou que axentes deste corpo detiveron na capital do Estado a C.C., de 24 anos de idade e nacionalidade romanesa, considerado o “xefe” do secuestro ocorrido nun club do Corgo o pasado mes de novembro.

“O detido fuxiu de Galicia logo da liberación da vítima ante a presión policial, seguindo a súa pista durante estes últimos meses os investigadores até dar con el nun barrio do sur da capital española”, relataron as mesmas fontes.

O mozo detido levaba máis de cinco anos fuxindo das autoridades para evitar a súa detención, pois sobre el pesa tamén unha requisitoria internacional ao estar reclamado por Romanía para o cumprimento de condena por delitos sexuais. “Co fin de pasar desapercibido, empregaba a documentación do seu irmán, moi parecido a el e sen antecedentes”, subliñou a Benemérita.

OCULTO EN FRANCIA

En concreto, a Guardia Civil de Lugo explicou que o detido estivo durante os pasados meses escondido en distintos lugares de Francia e España.

Os axentes consideran que “planificou, coordinou e encabezou o secuestro” ocorrido no Corgo. Ademais, impútaselle un delito de detención ilegal anterior e violencia de xénero.

Con esta detención, desenvolvida pola Unidade Operativa da Policía Xudicial de Lugo, dáse a operación por finalizada apois de sete meses de investigacións. Foi dirixida polo Xulgado de Instrución número 3 de Betanzos (A Coruña) e foi precisa a cooperación policial internacional con Romanía e Francia.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...