InicioPolíticaO Concello de Lugo 'regala' espazos publicitarios dende 2016

O Concello de Lugo ‘regala’ espazos publicitarios dende 2016

A empresa que xestionaba a publicidade no mobiliario urbano segue a explotar sen contrato co Concello espazos a un prezo de 12.000 euros semanais

PUBLICADA O

- Advertisement -

Hai 21 meses que caducou a licitación da publicidade no mobiliario urbano, que xa fora prorrogada en varias ocasións, en setembro de 2016. Entón xa o denunciara Lugonovo, que de novo advertiu da situación en 2017, e agora esta formación volve lembrar da inexplicable perda de recursos por parte do Concello de Lugo. Con todo, a empresa que xestionaba este servizo segue lucrándose grazas a estes espazos

Este aproveitamento irregular afecta ás marquesinas e os mupis, os soportes de cristal instalados nos grandes espazos públicos. A empresa estadounidense Clear Channel segue a indicar no sitio web a presenza en catro tipos de soporte en Lugo: play live, centros comerciales e mobiliario urbano.

E segundo os datos proporcionados pola axencia Oblicua, en Lugo hai 40 soportes con publicidade polas dúas caras a un prezo de alquiler de case 12.000 euros semanais (sen impostos), cifras que coinciden coas do sector local. Clear Channel nin sequera ten que asumir o mantemento das instalacións, pois corresponden á corporación municipal.

Dende Lugonovo denuncian que o executivo lucense é consciente da situación e non actúa para remediala. Coma explicou Cristina Pérez Herráiz, voceira do partido, “esta conivencia está a propiciar unha perda de ingresos para o Concello, pero tamén posibilita que un negocio particular se enriqueza a costa de apropiarse de mobiliario urbano. Un mes, dous, pode pasar, pero vinte e un… tanta deixadez dá que pensar”.

Así as cousas, esta formación pediu reiteradamente a redacción de pregos para unha nova adxudicación que asegure estes ingresos a través da competencia entre os diversos operadores. “Instamos ao executivo a por orde e rematar coas anomalías detectadas”, dixo Herráiz. En Lugonovo calculan que dende que caducou a licitación, a empresa podería ter embolsado uns 250.000 euros pola inoperancia do executivo local.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...