InicioLugo e contornaO BNG envía centos de postais a Feijóo para reclamar un xulgado...

O BNG envía centos de postais a Feijóo para reclamar un xulgado de violencia de xénero para Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) continúa en Lugo coa campaña para lograr a creación dun xulgado específico de violencia de xénero. Para iso, enviou este luns centos de postais a Monte Pío, a residencia oficial do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nas que reclama “que inicie os trámites necesarios para que Lugo conte con este servizo”.

A concelleira nacionalista Maite Ferreiro explicou que trasladan esta preocupación a Feijóo porque entenden “que a súa implicación tamén é necesaria para conseguir este obxectivo”. E advirte de que van continuar “ata que Lugo conte con este xulgado”.

Neste momento unicamente as cidades de Vigo e A Coruña dispoñen dun xulgado específico de violencia de xénero e que Lugo contase con el suporía “dar cobertura a toda a provincia nesta materia xa que podería atender os casos de violencia de xénero, malos tratos, acoso e custodia de menores, ademais do seguimento das ordes de afastamento antes e despois do xuízo”, apuntou.

Nesta liña, Ferreiro insiste en que “neste momento non existe unha quenda específica de oficio con profesionais para atender este tipo de casos”, polo que propoñen “comarcalizar o servizo e que o xulgado acollese todos os casos que se produzan en Lugo”.

Segundo os datos publicados polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), “en 2018 na provincia de Lugo cometéronse 696 delitos de violencia machista, case dous casos ao día”, recalcou.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...