InicioLugo e contornaFomento licita obras en Portomarín e Pedrafita de cara o Xacobeo 2021

Fomento licita obras en Portomarín e Pedrafita de cara o Xacobeo 2021

Estas obras inclúense no marco dun conxunto de actuacións que teñen como obxectivo principal a mellora do Camiño de Santiago ao seu paso por dez municipios das provincias da Coruña e Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Fomento licitou as obras do Centro de Visitantes na contorna do Castro en Castromaior, Portomarín (Lugo), segundo publica hoxe o Boletín Oficial do Estado (BOE), por 311.347 euros.

Estas obras inclúense no marco dun conxunto de actuacións que teñen como obxectivo principal a mellora do Camiño de Santiago ao seu paso por dez municipios das provincias da Coruña e Lugo.

As obras do Centro de Visitantes, que se expón como porta e invitación ao coñecemento e visita do castro de Castromaior, iniciaranse no outono de 2019 e prevese un prazo de execución de dezaoito meses.

Por outra banda, o BOE tamén anuncia a formalización de contratos para a recuperación do núcleo de Fonfría, no concello de Pedrafita do Cebreiro, segundo destacou este martes a subdelegada do Goberno na provincia, Isabel Rodríguez.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...