InicioLugo e contornaA Deputación de Lugo potencia o turismo na provincia cunha aplicación de...

A Deputación de Lugo potencia o turismo na provincia cunha aplicación de audioguías

A través de dita aplicación, ofrecerase "unha audioguía sobre a provincia de Lugo". A deputación "xa colaborou coa mancomunidade da Mariña que fixo posible unhas audioguías sobre os centros históricos de Viveiro, Ribadeo e Mondoñedo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da deputación de Lugo, Darío Campos, anunciou a posta en marcha dunha aplicación de sinalización turística “intelixente”, que se poderá descargar con calquera dispositivo móbil.

A través de dita aplicación, ofrecerase “unha audioguía sobre a provincia de Lugo”. A deputación “xa colaborou coa mancomunidade da Mariña que fixo posible unhas audioguías sobre os centros históricos de Viveiro, Ribadeo e Mondoñedo”.

Na xunta de goberno deste venres adxudicouse por 142.0000 euros esta aplicación, que comezará a funcionar con 1.000 puntos de interese en toda a provincia e cunha ruta intelixente sobre o centro histórico de Lugo (cidade), “que incluirá doce puntos de información”.

Campos tamén valorou a apertura o xoves da residencia para maiores de Trabada, con “os primeiros dez maiores”. “Son dez veciños de Trabada, sete mulleres e tres homes, cunha media de idade de 80 anos e que pagan pola súa praza de residencia uns 640 euros de media, dependendo da súa capacidade económica”, explica.

“Creo que isto demostra quen mentía e quen puxo trabas e trabas para que os nosos veciños puidesen gozar destas infraestruturas. A posta en marcha desta residencia é un feito pioneiro máis aló da nosa provincia. De feito estannos chamando interesándose por este proxecto”, remarca.

O presidente provincial confía que no mes de maio “póidanse abrir as de Pol e Ribadeo, e tamén se podería abrir a da Fonsagrada se a Xunta concedésenos o PIA”.

ÚLTIMAS

Cachan a dous condutores de patinete eléctrico borrachos en Lugo, un deles superando o límite penal

A Policía Local de Lugo detectou ao longo da semana pasada a dous condutores de patinete eléctrico...

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar "tranquila" ante a situación do...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...