InicioLugo e contornaLugoO Corpus de Lugo, unha das festas máis antigas do antigo Reino...

O Corpus de Lugo, unha das festas máis antigas do antigo Reino de Galicia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada por outros membros da Corporación Municipal, participou este domingo nos actos con motivo da celebración da festividade do Corpus Christi, que recorreu distintas rúas da cidade.

En Lugo, esta festa celébrase desde 1669 cunha ofrenda ao Reino de Galicia. No seu memorial de constitución afírmase, segundo o Pai Gándara, que “hay más de mil y noventa años que en el altar de su Capilla Mayor goza este Nobilísimo Reyno la verdadera y real presencia de Nuestro Redentor Sacramentado”. Isto levaría ao século V como data de instauración do privilexio.

De feito, a catedral lucense ten desde data non ben determinada o privilexio de expor ao Santísimo permanentemente, caso practicamente único no mundo. A pesar de que o Pai Gándara remóntase ao século V, a maioría de autores falan do século XII ou do XV como data de orixe da exposición permanente. O que si está claro é que no século XIV xa se celebraba a festa do Corpus na catedral lucense, aínda que non consta que houbese procesión ata o século XVI. En 1539 xa se fala de procesións da confraría do Santísimo Sacramento.

Xa no século XVII sábese que, no percorrido da procesión desde O Salvador ata Sta. Mariña, os veciños tiraban á rúa, ao paso da custodia, frores, fiunchos e espadanas, orixe das actuais alfombras florais da cidade.

Segundo recolle a web teatroengalicia, no que se refire a as representacións teatrais asociadas coa festa, é coñecida a presenza en Lugo das compañías de comedias castelás que percorrían o norte de España, aínda que actuaban na cidade na festa de San Froilán. As Constitucións sinodaiss do bispado dos anos 1632 e 1669 inclúen senllas constitucións baixo o título “Que no se represente Auto ni comedia sin nuestra aprobación, en las que se prescribe la censura previa para los autos y comedias profanas representadas “en iglesias y procesiones”, pero sen mencionar especificamente a do Corpus.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

A nave calcinada de Mazoi “non tiña licenza de actividade” nin a solicitou segundo o Concello de Lugo

A nave de reciclaxe da parroquia de Mazoi, alugada pola empresa Contemar, que resultou...

O BNG reclama melloras da N6 no seu paso pola provincia de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...