Licitada a contratación para redactar o proxecto da intermodal de Lugo

O prazo de recepción de ofertas está aberto ata o 14 de maio e a apertura de ofertas será o 30 de maio.

Recreación da Intermodal de Lugo / xunta.gal

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este xoves o anuncio para a contratar a redacción do proxecto da nova estación ferroviaria de Lugo no marco da futura intermodal, así como o aparcadoiro subterráneo.

Adif licita os servizos de consultoría e asistencia técnica para a redacción dos proxectos básicos e de construción da estación de Lugo cun orzamento de 1,1 millóns de euros. O prazo de execución é de 15 meses co obxectivo de comezar as obras da nova estación de tren en 2020. O prazo de recepción de ofertas está aberto ata o 14 de maio e a apertura de ofertas será o 30 de maio.

Respecto diso, a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, valorou este xoves que Adif dá un novo paso para dotar á cidade amurallada desta nova estación.