InicioEconomíaVeciños das Gándaras volven manifestarse contra os 'okupas'

Veciños das Gándaras volven manifestarse contra os ‘okupas’

Manifestación este domingo desde a igrexa, para dirixirse ata a única vivenda que se atopa 'okupada'.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os veciños do barrio lucense das Gándaras volven manifestarse este domingo contra os okupas. A marcha sae desde a igrexa ás 13,15 horas para dirixirse ata a única vivenda que se atopa okupada.

O presidente da Asociación de Veciños Gatos Roxos, Jaime Gueimunde, concretou o itinerario, con saída desde a igrexa e que fará “o mesmo percorrido ata a casa que segue ocupada, na rúa Virxe da Soedade”. “E despois baixaremos pola Calzada das Gándaras ata a igrexa outra vez”, sentenciou.

Imos seguir solicitando que se cambie a lei, por unha banda, e para que esa xente marche desa casa ocupada, que leva así oito anos”, reivindicou.

Gueimunde asegurou que ante este fenómeno os veciños “están a adoptar medidas extremas, porque a pesar de que se foron (só queda okupada unha casa de oito) a xente segue tendo medo e a xente está atemorizada porque volva ocorrer e repetirse”. “No barrio, se preguntas, todos din que estes volven”, abundou.

O presidente da asociación de veciños apuntou que “vai volver ocorrer (as ocupacións ilegais) porque é unha zona que se presta a iso e a xente ten medo”. “Hai casos como o dunha familia que acabou tapiando a casa, selando ambas as portas para que non entren”, concluíu.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...