A folga do 8M acada o 30% de incidencia na saúde e no ensino en Lugo

Manifestación contra a violencia de xénero | Miguel Núñez
Manifestación contra a violencia de xénero | Miguel Núñez

O paro feminino en Lugo superou o 30% nos sectores da saúde e o ensino segundo suliñou a secretaria da muller da CIG, Carmen Aira.

Aira xustificaba o paro co fin de que “haxa un cambio real”, dado que “o ano pasado foi un gran movemento que marcou un antes e un despois pero non logrou que se modificarán as condicións vitais da muller”.

Finalmente protestou porque a “brecha salarial” segue “sendo enorme, aínda que en Lugo é menor que na media de Galicia, pero simplemente porque os salarios son máis baixos”. A brecha en Galicia sitúase no 21,5 por cento, en tanto na provincia de Lugo é do 17,4 por cento, segundo os seus datos.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here