InicioEconomíaA comercialización, o talón de Aquiles do emprendemento lucense

A comercialización, o talón de Aquiles do emprendemento lucense

O asesor Ángel Matas traslada as primeiras conclusións do Programa 3C, realizado á beira do emprendemento na cidade de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Programa 3C (Capital Creativo Competitivo), desenvolvido por Ángel Matas, supuxo para as iniciativas emprendedoras lucenses o inicio dun círculo centrado no aspecto comercial do emprendemento, na venda, a comunicación e o marketing. De xeito individualizado, este asesor foi identificando virtudes e feblezas no Centro de Empresas e Innovación de Lugo, o CEI Nodus. A principal conclusión é meridiana: a meirande parte dos proxectos esquecen a parte final da venda, a vencellada co coñecemento do cliente, o contacto e a negociación.

Isto supón xogar con desvantaxe. A falta de interese en estabelecer ferramentas de comercialización resta opcións á hora de competir. Para Matas, cómpre “adquirir o hábito” de traballar todo o ciclo de venda, incluídas as diferentes liñas físicas e a través de Internet. Analizar como chegar, probar as canles, e avaliar o resultado para reiniciar o proceso.

En parte, este déficit xa se manifestara durante unha xornada de coworking anterior, na que os emprendedores lucenses compartiran mesas de traballo con desafíos comúns. Os maiores problemas, segundo os titulares dos negocios, eran convencer, pechar as vendas e seguir o produto para ver o nivel de satisfacción. Un de cada catro non ten claro quen é o seu cliente, e o 35 por cento adica cero horas mensuais a elaborar estratexias de venda.

A diferenciación

Os participantes da terceira edición do Inicia Coworking no Demoday | Óscar Bernárdez
Os participantes da terceira edición do Inicia Coworking no Demoday | Óscar Bernárdez

Os produtos son “bos en liñas xerais”, mais afondan pouco en termos de diferenciación. “Existe a tendencia a obter seguridade e fixarse no que fan os líderes do eido”. Mais Matas advirte, non hai negocio seguro. Este plantexamento supón unicamente “un freo á innovación”, polo que convida a empregar ferramentas comparativas coma a denominada curva de valor.

A curva de valor é un diagrama que representa o posicionamento do mercado con respecto da competencia e dos clientes. A observación do comportamento doutros negocios, de que fan ben e mal, pode contrapoñerse coa curva de valor propia para achar diferenzas. Deste xeito aparecen oportunidades, variables que se poden modificar para aumentar os elementos diferenciais. É útil para reducir gastos, priorizando o que podería interesar ao público, sen quitar valor do produto.

A necesaria negociación

Matas aprecia na definición da Real Academia Española de emprender, acometer e comezar unha obra, unha escolla de palabras paradoxal. “O lóxico é comezar e acometer”, algo que a miúdo se incumpre no lanzamento dun negocio. Para non comprometer a viabilidade da iniciativa, cómpre centrarse nas ideas que deben saír adiante e mudar nos piares do negocio, sen demora. É a saída de trens.

Ademais, Matas propón un “plan de choque” para que o emprendemento estude a importancia da negociación. Esta fase debería representar “o 60 por cento do traballo” e o único xeito de salvarse da imposición de terceiros “sen ter que compensalo no produto”.

Pechar o círculo

Veciños do barrio da Tinería, en Lugo | Óscar Bernárdez
Veciños do barrio da Tinería, en Lugo | Óscar Bernárdez

O Programa 3C é a primeira das accións que o Concello de Lugo impulsou en concordancia cos orzamentos participativos, no que un terzo das propostas estiveron vencelladas ao emprendemento. O círculo sobre a comercialización continuará con pequenos exercicios e outros programas máis ambiciosos, coma Future Jobs Tools.

Pecharán o ciclo os proxectos Aprende a Medrar, que estabelecerá estratexias para a consolidación empresarial e a fidelización de clientes; Pílulas de Coñecemento, orientado a empresas constituídas que procurar mellorar o seu funcionamento; Chatbot Learning, para formar na aplicación de Intelixencia Artificial de maneira práctica; Lucus Raid, para a creación de empresas arredor do Camiño de Santiago; e a Feira de Nenos e Nenas Emprendedores, para fomentar o espírito emprendedor. Ademais, estudarase un plan de accións nos meses vindeiros para transformar o barrio da Tinería.

Dotando aos cativos das cualidades coas que mudarán en emprendedores

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...