InicioMovementos sociaisAs explotacións de Lugo ingresarían 47 millóns de euros máis co leite...

As explotacións de Lugo ingresarían 47 millóns de euros máis co leite no prezo medio da UE

O sindicato Unións Agrarias manifesta que cada ano pérdese o 5 por cento das explotacións por vender o leite con perdas ou sen beneficios

PUBLICADA O

- Advertisement -

O responsable de servizos de Unións Agrarias, Óscar Pose, advertiu este venres de que os produtores de leite seguen producindo en Galicia “a perdas” ou “sen gañar nada”. O líder sindical explica que diferenza de prezos respecto doutras comunidades autónomas e países da contorna segue a prexudicar os gandeiros galegos. Nas vindeiras semanas, o sindicato reunirase coa industria para negociar o prezo.

Pose denunciou a situación logo do balance do 2018 no sector lácteo na comunidade, onde o prezo medio durante o pasado ano situouse en 30,20 céntimos por litro de leite, fronte aos 31,26 pagados de media en España. Así, no exercicio mantívose a tendencia de peche de explotacións dun cinco por cento anual, con 420 granxas de leite que concluíron a súa actividade, o que sitúa o número de explotacións por baixo das 7.600 na Comunidade galega, segundo os datos de UUAA.

“Xa non só é producir a perdas, senón que os que estamos nas explotacións temos que cobrar, e deberiamos ter un soldo mínimo”, manifestou Pouse. “Iso non se consegue a día de hoxe na maior parte dos casos”, abundou.

Aposta por un “salario mínimo” para os gandeiros

Sobre esas perdas, o dirixente agrarista estimou que “se deixou de cobrar con respecto á media de España doce millóns de euros”, respecto de se Lugo cobrase o litro como o prezo medio español durante 2018. Pero aínda é maior ese “agravio”, segundo explicou, se o cálculo se realiza coa media europea. Ata 47 millóns de euros ingresarían adicionalmente as explotacións de Lugo nese caso.

A maiores, do prezo do leite, sinalou que nos dous últimos anos houbo “unha recuperación moi importante do prezo da manteiga, da graxa, e isto non repercutiu nas explotacións para nada”. Detallou que en Lugo, no último ano, “as industrias facturaron 57 millóns de euros máis pola graxa, a maiores do prezo do leite”, algo que, segundo UUAA, non se viu reflectido nas explotacións gandeiras.

Así impacta a tecnoloxía na gandería de vacún de leite

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...