Meira convértese no centro do negocio do leite de Mercadona en Galicia

Planta láctea de Leche Celta, do grupo Lactogal, en Meira, mercada por Naturleche, de Covap, proovedora de Mercadona / Celta

Covap, interproveedor de Mercadona, entrou de cheo no mercado lácteo galego coa compra da fábrica de Lactogal, antigo Leche Celta, en Meira. Deste xeito,a firma andaluza proveedora desta gran superficie comercial, pasará a xestionar a factoría a través da súa filial Naturleche e podería envasar ata 600.000 litros de leite ao día. Na actualidade está en pouco máis de 400.000.

Este non é o único movemento de COVAP e Mercadona en Galicia xa que, á compra desta factoría, poderían seguirlle outros investimentos no sector lácteo galego. Recentemente os traballadores da planta adquirida agora por Covap estiveron en folga durante varias semanas para conseguir equiparar os seus salarios cos dos seus compañeiros de Lactogal en Pontedeume (A Coruña)

A operación garante a continuidade dos postos de traballo, así como a actividade da fábrica e as relacións que actualmente se manteñen cos provedores de leite. Dita operación está supeditada á aprobación por parte da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) e terá efectos a partir de xaneiro do 2019.

A planta de Meira foi abastecida durante o últimos cinco anos por máis de 250 gandeiros galegos con materia prima exclusivamente galega, que a compañía destinaba xa á marca propia Hacendado de Mercadona.

SISTEMAS AVANZADOS

A planta que Naturleche adquire a Leche Celta conta cunhas instalacións de 12.000 metros cadrados e ten unha capacidade de produción total próxima aos 150 millóns de litros de leite envasados. Conta con sistemas avanzados de xestión certificados e opera cos máis elevados estándares europeos de xestión medio ambiental.

De feito, a compañía realizou no ano 2017 un investimento de 10 millóns de euros dedicadas a reforzar a eficiencia e flexibilidade das súas plantas en España. O investimento previsto para o 2018 alcanzará os 8 millóns de euros e ten como obxectivo impulsar a súa posición no mercado español.

COVAP E LECHE CELTA

COVAP é unha cooperativa gandeira de primeiro grao con sede en Córdoba, que conta con varios miles de socios activos que se estenden por Andalucía, Estremadura e Castela A Mancha. Cun persoal medio de 708 persoas en 2017, COVAP, que é interproveedor de leite de Mercadona desde o ano 2005, facturou un total de 441 millóns de euros en 2017 e realizou investimentos por valor de 8,2 millóns de euros.

A empresa Leche Celta, que opera en Galicia desde hai máis de 25 anos, pertence ao grupo luso Lactogal desde o ano 2006. Cunha facturación no ano 2017 de 319 millóns de euros e unha recollida anual de materia prima por encima dos 400 millóns de litros de leite, a maior parte deles en Galicia, é unha das empresas líderes en España na fabricación de marcas da distribución en leite líquido e derivados lácteos.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here