InicioEconomíaA expansión do aceite galego, considerado "o novo albariño"

A expansión do aceite galego, considerado “o novo albariño”

A recuperación e aprobación oficial das variedades autóctonas de oliva abre un proceso con enorme potencial para a comercialización do aceite galego

PUBLICADA O

- Advertisement -

Xa hai quen se atreve a aventurar que o aceite galego vai camiño de ser o novo albariño. Carmen Martínez Rodríguez dirixe o grupo de viticultura da Misión Biolóxica de Galicia do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas), e compara a explosión do aceite galego coa do albariño de hai trinta anos. Esta investigadora e o seu equipo de traballo, que levan uns anos traballando nun proxecto financiado pola Fundación Juana de la Vega, percorren Galicia marcando oliveiras centenarias e falando con propietarios de oliveirais para detectar e catalogar variedades autóctonas.

A finais do 2017 as variedades brava galega e mansa galega foron aprobadas por resolución da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios, co cal estas dúas variedades xa se poden cultivar e comercializar oficialmente. Pero os estudios están indo máis alá e o pasado ano a investigación permitiu a catalogación de 13 tipoloxías autóctonas que haberá que seguir estudando e ‘bautizar’.

Na comarca de Quiroga hai moito potencial, e dende hai anos trabállase no cultivo e na recuperación de oliveiras autóctonas. Sabedores do futuro prometedor do ouro líquido desta zona, emprendedores como Julio Quiroga e os seus socios de Ouro de Quiroga, S.L. están apostando por este sector.

Xornal de Lemos entrevista ao responsable desta cooperativa, herdeira da tradición olivareira da comarca do Courel, e que recupera dúas variedades autóctonas

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....