InicioEconomíaAs emprendedoras comparten a súa experiencia este venres no CEI Nodus

As emprendedoras comparten a súa experiencia este venres no CEI Nodus

A Mesa Talento en Feminino visibiliza os casos de éxito no emprendemento coa colaboración da Asociación de Mulleres Empresarias

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación de Mulleres Empresarias organiza, en colaboración co Concello de Lugo, unha xornada para visibilizar e fomentar o emprendemento das mulleres. A Mesa Talento en Feminino celebrarase este venres 30, a partir das 10.30 horas, no Centro de Empresas e Innovación sito no barrio de Garabolos.

Participarán na Mesa tres emprendedoras que explicarán a súa experiencia de éxito. Son Mónica Pérez, fundadora de Triesfera, empresa de deseño e impresión en 3D que naceu do Inicia Coworking; Noemí Bellas, fundadora de Libolis, a primeira escola de emprendemento para nenos e nenas de Galicia; e Maruxa García, xerente e cofundadora de Tastelab, a primeira empresa de tecnoloxía de análise sensorial de España, spin off do Campus Terra.

A asistencia á Mesa Talento en Feminino é de balde. Conta con 30 prazas e as persoas interesadas en inscribirse poden facelo chamando ao número de teléfono 982.22.69.91 ou enviando un correo electrónico a empresariaslugo@gmail.com. Ás 12.00 comezará o café Networking, para facer rede e pór en valor otros proxectos emprendedores lucenses.

A concelleira de Economía, Ana Prieto, salientou o “espírito innovador e emprendedor “ da Asociación, defendendo que dende o Concello “sempre organizamos, apoiamos ou colaboramos en todas aquelas iniciativas, actividade e ideas que vaian en prol do emprendemento, en especial do feminino. Neste caso, a suma de muller, talento e tecnoloxía é igual a éxito”.

Reivindicación histórica

“Hai moitas mulleres con talento que historicamente foron ocultadas pola sociedade”, subliñou Prieto, citando o caso da actriz e inventora Hedy Lamarr, “coautora nada máis e nada menos que da tecnoloxía na que se basea o wifi moderno”. A Mesa servirá, así mesmo, de “homenaxe a todas aquelas mulleres innovadoras, talentosas que contribuíron e contribúen a que avance a sociedade”.

O complexo de Garabolos atópase na actualidade no cen por cen de ocupación nos 27 espazos para empresas, entre o viveiro, o sementeiro, os obradoiros e laboratorios e a Aula Coworking. O Centro de Empresas e Innovación de Lugo administra asemade o viveiro de empresas da Tinería, que entrou na fase final en outubro coa entrega de chaves dos locais. Na actualidade, o Concello inviste en programas de emprego dous millóns de euros para beneficio de trescentas persoas, e aspira a obter fondos europeos para outro plan semellante.

ÚLTIMAS

Polémica por 300 hectáreas de monte veciñal no paraíso hippie de Negueira de Muñiz

É posible atopar restos de neve nos costados da sinuosa estrada que descende desde...

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...