InicioEconomíaEstas son as opcións escollidas nos Orzamentos Participativos de Lugo

Estas son as opcións escollidas nos Orzamentos Participativos de Lugo

O Concello executará as 28 propostas máis votadas nos Orzamentos Participativos, que contan cun orzamento de 350.000 euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

Emprendemento, servizos sociais, deporte e espazos públicos. Os Orzamentos Participativos de Lugo traduciranse finalmente en 28 iniciativas impulsadas dende a cidadanía, logo dun proceso no que foron avaliadas 237 propostas orzamentarias. Na votación participaron algo máis de seiscentas persoas censadas na cidade, que decidiron o destino de 350.000 euros.

Dos resultados deu conta Rosana Rielo, concelleira de Cidadanía. A edil fixo unha valoración “moi positiva” do proxecto de democracia directa, que a través da ligazón electrónica recibiu preto de seis mil cen visitas. Rielo salientou os pasos do Concello cara a unha cidade máis aberta e participativa, así como o feito de que 46 propostas cidadás foron descartadas por estar xa en execución noutros programas do goberno local, “o que indica que estamos traballo de acordo á cidadanía”.

Cento sete propostas viables

Finalmente, o Concello executará dentro dos Orzamentos Participativos un total de 28 iniciativas, para un investimento conxunto de 350.000 euros. Presentáronse dentro do programa 237 propostas: 46 foron descartadas por estar xa contempladas noutras partidas; 26 estaban fóra das competencias locais; 27 sobrepasaban o orzamento unitario de 15.000 euros; outras 20 non eran “tecnicamente legais”; e 6 correspondían a subvención. 

Así as cousas, 107 foron consideradas viables polos técnicos municipais e pasaron á fase de votación. As iniciativas que resultaron máis populares están vencelladas, principalmente, aos eidos de emprendemento, servizos sociais e deporte. Así mesmo, recibiron un considerable soporte as ideas acerca do Mercado e a Praza de Abastos, como tamén as que apostan por un espazo público máis amable.

Iniciativas máis votadas nos Orzamentos Participativos

Arranxo do valado do CEIP Luis Pimentel

183

Parque biosaudable no Barrio da Piringalla

123

Proxecto Empodérate Nena

121

Iluminación Parque Angelo Colocci-Gallego Tato

121

Estudo do Plan de Accións para o Apoio da Transformación de “A Tinería”

114

Letras de benvida á cidade

112

Arranxo de zona de aparcadoiro do Cei Nodus

107

Future Jobs Tools

106

Campaña “Emprender cara a educación do futuro”

105

II Feira Nenos Emprendedores CEI-NODUS

104

Píldoras de Coñecemento para Emprendedores.

100

GROWTH HACKING APRENDER A CRECER

99

CHATBOT LEARNING

94

Restauración da fonte pública na parroquia de Esperante, no núcelo de Carballido

94

LVCVS RAID. EMPRENDE O CAMIÑO.

93

PROGRAMA 3 C. CAPITAL CREATIVO COMPETITIVO

92

Remodelación da Pista Roxa

86

Eliminación de barreiras arquitectónicas

77

Poyetes de competición para piscina municipal de Frigsa

72

DANDO VIDA O BARRIO CON COR

71

Instalación dun valado no lado da Praza do Castiñeiro e a rúa Lamas de Prado

68

Equipo para personas con discapacidade

65

Acondicionamento da entrada do Camiño Primitivo á cidade

65

Corcheras de competición para piscina municipal de Frigsa

64

Pista multideporte en prazas

64

Ludoteca na Plaza de Abastos

63

Decoración para as rúas no Arde Lucus

Arranxo-sustitución do tellado da nave de Frigsa que empregan as asociacións do Arde Lucus

63

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...

O TS confirma que Ana Sandamil matou a súa filla para danar a súa ex parella e pai da nena

O Tribunal Supremo (TS) confirmou a condena de prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato,...

Extinguido un incendio forestal en Guitiriz, que afectou a 8,4 hectáreas

O incendio forestal que permanecía activo desde este domingo no municipio lucense de Guitiriz...