InicioEconomíaComeza a selección para seis novos postos de emprego en Vilalba

Comeza a selección para seis novos postos de emprego en Vilalba

En setembro, nove traballadores incorporáronse á dotación municipal de Vilalba a través do programa de emprego da Deputación

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dende este xoves está aberto o prazo de selección para seis novos postos de emprego en Vilalba. O proceso forma parte do programa DepuEmprego, co que a Deputación de Lugo axuda na contratación de persoal para concellos de menos de 20.000 habitantes.

Os seis postos dispoñibles corresponden á categoría de peón. O requisito  indispensable para poder optar a unha destas prazas é o de estar apuntado como demandante de emprego no INEM. 

Os interesados deberán dirixirse ao INEM ou ao Concello de Vilalba para realizar os trámites de concorrencia, pois son os encargados de levar a cabo os procesos de selección dos candidatos. Máis información no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios do Concello ou en www.deputacionlugo.gal, no que hai un espazo habilitado.

En setembro, Vilalba incrementou as prestacións municipais coa contratación de nove traballadores, empregando este mesmo programa da Deputación. No último ano, a autoridade provincial financiou un total de 308 postos de traballos en 66 concellos, tirando dun orzamento de 3,5 millóns de euros.

Exceptuando os grupos especiais, nos últimos anos a taxa de reposición na administración local descendeu dramaticamente. En 2007 era do cen por cen, mentres que na actualidade só un de cada dez traballadores que marcha recibe a substitución que corresponde.

ÚLTIMAS

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...

O TS confirma que Ana Sandamil matou a súa filla para danar a súa ex parella e pai da nena

O Tribunal Supremo (TS) confirmou a condena de prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato,...

Extinguido un incendio forestal en Guitiriz, que afectou a 8,4 hectáreas

O incendio forestal que permanecía activo desde este domingo no municipio lucense de Guitiriz...

Lugo duplica a compra venda de vivendas

A compravenda de vivendas en Galicia subiu un 38,4% o pasado febreiro, en comparación co...