InicioAncaresOs gandeiros da montaña de Lugo esixen axudas á Xunta polos incendios

Os gandeiros da montaña de Lugo esixen axudas á Xunta polos incendios

Aseguran tamén que se ven afectados por unha praga de toupas e a seca.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unións Agrarias (UU.AA.) aprema á Xunta de Galicia para que se concedan axudas económicas para as explotacións gandeiras na montaña de Lugo. Nun encontro cos medios de comunicación, o responsable da oficina de UU.AA. en Sarria, Miguel Tomé, insistiu na necesidade de compensar ao sector, afectado pola praga de rata toupa, os incendios e a seca.

“Levamos así desde o 2019. Á mala recollida de pasto, pola diminución na cantidade e na calidade, sumáronse os incendios, a seca e a incontrolable praga de toupas. Así, consideramos que chegou o momento de que o Executivo autonómico colabore”, afirma.

Reclama axudas para compensar a recollida de forraxe, pero sobre todo para cubrir os gastos de renovación de parcelas, “os mecanismos son complexos polo terreo, con elevadas pendentes”, puntualiza Tomé. Ademais, pídese o financiamento da compra de elementos para o trampeo e mantemento para que se solucione a praga de topos, “sen deixar de lado a obrigación de que os gandeiros fagan un autocontrol das súas parcelas”.

O secretario de Acción Sindical e Área Externa, Felix Porto, avisa de que o tempo se acaba. Apunta que a Xunta “xa pediu deixar pasar tempo, pero o problema aumenta”.

A falta de auga xunto coas 12.000 hectáreas devoradas polas chamas dos incendios deste verán provocan a desesperación do sector gandeiro. Cren que deixar á súa boa sorte a montaña lucense repercutirá gravemente na consolidación de servizos públicos no rural, o que acabará producindo unha “inevitable perda poboacional”.

Por iso, UU.AA. fan un chamamento para coidar os montes, solucionar os problemas existentes e previlos. Necesitan que “se free dunha vez esta situación e que se poñan en marcha mecanismos desde a administración”. “Aínda se está a tempo”, agrega.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...