InicioEconomíaA maior parte dos comercios de Lugo, apagados na noite

A maior parte dos comercios de Lugo, apagados na noite

O comercio galego acepta "de mala gana" as medidas de aforro enerxético, pero recoñece que "é necesario".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O comercio galego acepta “de mala gana” as medidas incluídas no decreto de aforro enerxético do Goberno, como o apagado de escaparates ás 22,00 horas e manter pechada a porta, que son obrigatorias desde o mércores.

“Están a levarse a cabo porque existe por parte de todos vontade para poder colaborar porque nos damos conta de que é necesario”, asevera o presidente da Federación Galega do Comercio, José María Seijas.

No entanto, obxecta que o sector “xa está afeito por parte do Goberno” a “sacar leis e decretos inconcretos que non acaban de ter un desenvolvemento que se poida comprender facilmente”. “Isto non está a trastornar e dando moitos problemas e mareos. Parece que sempre o comercio é quen paga o pato dos erros que se van cometendo”, protesta.

Seijas incide en que ditas medidas “maiormente vanse cumprindo”, para a continuación deixar caer que “a ver que comerciante non procura gastar o menos posible en enerxía dado o prezo que ten”. Con todo, asegura que son unhas solucións “que non van levar ao fin que pretenden”.

Finalmente, o presidente da Federación Galega do Comercio suxire que será preciso “sentar a negociar e buscar solucións concretas co consenso de todas as partes e resolvelo”. A maior parte dos escaparates na cidade de Lugo permanecen apagados durante a noite, aínda que hai máis dun que se saltou esta obrigación e mantén a iluminación.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...