InicioSociedadeTransportistas de Lugo ven "inviable" traballar co prezo do combustible: "É mellor...

Transportistas de Lugo ven “inviable” traballar co prezo do combustible: “É mellor ter os camións parados”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da asociación de empresarios do transporte Asociación Empresarial Transportes Río Miño (Aetram) en Lugo, Diego Arias, asegura que, co prezo do carburante disparado, “agora mesmo é inviable traballar”.

“A día de hoxe sáenos a conta mellor ter os camións parados que andando”, sentenza. “Antirrendible total”, agrega este empresario do sector do transporte.

En canto aos 20 céntimos de axuda do Goberno central ao litro de combustible, Arias lamenta que ese “desconto xa o comeu na primeira semana”, polo que considera que apenas serviu para frear a escalada de prezos. “Seguimos esperando a ver se desde a administración hai algunha solución, porque se non, imos vernos obrigados a parar, e sen tardar moito”, advertiu Arias.

Ademais, quéixase de que Galicia sexa unha das comunidades co carburante “máis caro” nas gasolineiras, e iso a pesar de contar “con refinaría na Coruña”. “É unha das preguntas que sempre nos facemos, na Coruña temos unha refinaría e resulta que esta refinaría fornece a Castela-León e resulta que é máis barato o carburante nesa comunidade que en Galicia”, reproba o presidente de Aetram en Lugo.

Actualmente, os prezos do gasoil en varias estacións de servizo da cidade de Lugo superan xa os dous euros.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...