InicioEconomíaA maioría dos provedores de Altri en Palas de Rei serán pemes...

A maioría dos provedores de Altri en Palas de Rei serán pemes segundo a Xunta

Neste sentido, segundo detallou a Xunta nun comunicado, o vicepresidente económico en funcións explicou que será fundamental ter finalizadas infraestruturas como a autovía Lugo-Santiago (A-54), polo que se espera que a planta "actúe como revulsivo para adquirir un maior compromiso por parte do Goberno".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta estima que as pequenas e medianas empresas suporán o 65% dos provedores da fábrica de fibras téxtiles que está previsto que a multinacional portuguesa Altri instale no municipio lucense de Palas de Rei.

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde, participou este venres en Chantada nun encontro con alcaldes dos concellos lucenses de Chantada, Carballedo, Taboada, Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Portomarín, Friol e Guntín, para iniciar unha colaboración co obxectivo de “identificar e anticiparse ás necesidades” que a implantación deste proxecto xerará en ámbitos como o urbanístico, os servizos, os investimentos necesarios ou a formación.

Neste sentido, segundo detallou a Xunta nun comunicado, o vicepresidente económico en funcións explicou que será fundamental ter finalizadas infraestruturas como a autovía Lugo-Santiago (A-54), polo que se espera que a planta “actúe como revulsivo para adquirir un maior compromiso por parte do Goberno”.

Ademais, sinalou que é necesario que o Executivo central “asuma o seu compromiso con este proxecto a través dos fondos europeos Next Generation”. Así mesmo, Conde destacou que este proxecto permitirá que o seu radio de acción chegue a toda a provincia de Lugo e a toda a Comunidade “exercendo un efecto tractor e transformador na economía e infraestruturas locais”.

Nesta mesma liña, asegurou que “maximizará o impacto social”, coa creación de 2.500 postos de traballo entre directos e indirectos, incrementará tanto a demanda de materia prima como da industria loxística e permitirá a implantación de novas empresas.

POLO AEROESPACIAL

Por outra banda, a Consellería de Economía, Empresa e Innovación trasladou que ata o próximo 30 de maio estará aberta a presentación de propostas á nova licitación, por 6,5 millóns, para a adquisición de novas solucións innovadoras con vehículos non tripulados aplicadas ás emerxencias sanitarias e sociais e á xestión forestal e dos recursos mariños.

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións asistiu este venres na Axencia Galega de Innovación a unha xornada técnica sobre esta iniciativa que forma parte do Plan Estratéxico 2025 do Polo Aeroespacial.

Trátase dun proxecto co que a Xunta busca impulsar a compra inmediata de solucións innovadores próximas ao mercado, realizables en menos de 12 meses e que poidan partir de resultados intermedios do período anterior do Polo Aeroespacial de Galicia ou doutros avances tecnolóxicos, para a súa incorporación a curto prazo á carteira de servizos da administración autonómica.

Así, a Consellería concretou que con esta nova licitación, continúase coa ampliación do ámbito de actuación e aplicación dos sistemas non tripulados dentro dos servizos públicos da administración.

Neste caso, os proxectos deberán centrarse no desenvolvemento e adquisición de solucións innovadoras por medio de vehículos non tripulados para a atención sanitaria urxente no Camiño de Santiago; a monitorización de zonas forestais para a prevención, extinción de incendios e restauración post-incendios; a inspección e vixilancia pesqueira, marisqueira e acuícola; a localización de persoas extraviadas; e para a análise de poboacións de sementes de mexillón e especies cohabitantes.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...